Cinema

Viaxa ao Festival de Venecia co 27 Times Cinema

Tes entre 18 e 25 anos? Dominas o inglés? Gústache o cinema e compartir as túas impresións na rede? Se cumpres estas 3 condicións tes unha oportunidade única para ser xurado no Festival de Venecia co 27 Times Cinema, un programa que permite a 27 mozos e mozas de toda Europa acudir ao festival cos gastos pagados para ser xurado da sección Giornati degli Autori, outorgando un premio específico da sección.

O 28 Times Cinema leva máis dunha década brindando a mozos e mozas de toda Europa a oportunidade única de participar desde dentro dun dos festivais máis prestixiosos do mundo. Cada país da Unión conta cunha persoa representante e, ao igual que sucedera en edicións anteriores, NUMAX será unha das salas españolas participantes na selección.

En NUMAX faremos unha selección previa de 3 das candidaturas recibidas en base aos seguintes criterios:

  • Ter entre 18 e 25 anos (ambos incluídos) e ser unha persoa apaixonada polo cinema
  • Ter habilidades comunicativas e manexo en redes sociais (Facebook, Instagram, Youtube, Snapchat)
  • Boa capacidade de redacción en artigos e blogs
  • Ter aptitudes para a realización de podcast, edición de vídeo e fotografía e outras habilidades para participar nas campañas de comunicación da sección.
  • Bo manexo do inglés, especialmente escrito e falado, para participar activamente nas discusións e mesas redondas
     

Como presento a miña candidatura?
1) Grava un videoselfie falado en inglés no que expliques que é para ti o cinema, comezando pola frase Cinema for me is... O vídeo durará un máximo de 30 segundos, debes incluír o teu nome e país de procedencia, estar gravado en alta resolución (1920x1080) e excelente calidade de audio. Valorarase a calidade e creatividade do vídeo. Podes consultar vídeos previos na canle de vimeo de Europa Cinemas.
2) Cubrir o formulario de inscrición e descargar o pdf coas respostas: https://form.jotformeu.com/EuropaCinemas/27TCForm2021
3) Enviar por wetransfer o vídeoselfie xunto co formulario de inscrición en pdf ao correo [email protected]

Prazo de envío de candidaturas: Até o martes 18 de maio incluído.

Finalizado este proceso o Cinema NUMAX preseleccionará 3 candidatas e Europa Cinemas será a encargada de decidir a persoa que represente a España no 27 Times Cinema. A embaixadora designada comprometerase a:

  • Estar presente en Venecia do martes 31 de agosto ao domingo 12 de setembro (a viaxe e o aloxamento serán costeados por Europa Cinemas e o Parlamento Europeo).
  • Ser membro do xurado da sección Giornate delgi Autori. O Festival de Venecia encárgase de achegar unha acreditación de acceso prioritario ás sesións.
  • Participación nas mesas redondas, masterclasses e obradoiros desenvolvendo así as túas capacidades comunicativas
  • Achegar contidos á web e redes sociais de Europa Cinemas.
  • Ser embaixador activo do LUX Film Prize durante os eventos organizados en España logo do Festival de Venecia.
  • Estar dispoñible para participar na selección do LUX Audience Award na edición de 2022 que terá lugar no verán do ano que vén.

A que esperas para anotarte? Agardamos a túa candidatura!

Organizan Europa Cinemas, Parlamento Europeo, Giornate degli Autori, LUX Film Prize, Cineuropa e o Cinema NUMAX