Cinema

3 meses de subscrición gratuíta a MUBI co abono de NUMAX

En NUMAX vimos de chegar a un acordo coa plataforma de vídeo baixo demanda MUBI que permite a todas as nosas abonadas gozar durante 3 meses e de maneira gratuíta dos filmes do seu catálogo. Deste xeito, mentres NUMAX siga pechado, poderás acceder desde o teu ordenador, tablet ou televisión a unha selecta oferta co mellor cinema de autor clásico e contemporáneo.

  • Que é? MUBI é unha plataforma de vídeo baixo demanda para o visionado en streaming do mellor cinema de autor, que inclúe desde obras mestras galardoadas a clásicos de culto. A oferta básica de MUBI, á que podes acceder co teu abono de NUMAX, inclúe 1 nova estrea diaria e, en todo momento, 30 filmes de catálogo dispoñíbeis para o seu visionado. Podes gozar dos contidos de MUBI desde calquera dispositivo en liña (computadora, tablet, televisión con Smart TV, etc.)
     
  • Como accedo aos contidos de MUBI? Se tes en vigor, renovas ou dás de alta o teu abono de NUMAX escribe un mail a [email protected], onde che daremos acceso e indicacións para crear o teu usuario. Desde ese momento poderás gozar durante 3 meses de maneira gratuíta da oferta desta plataforma, que seguirá en vigor até o momento en que reanudemos as proxeccións de NUMAX. En todo momento poderás dar de baixa a túa subscrición a MUBI desde o teu usuario.
     

Agardamos que esta proposta sexa do teu interese para amenizar estes días de confinamento e chegar á data de reapertura de NUMAX coas pilas cargadas de bo cinema.