Libraría

Marie G. Rohde presenta o libro ilustrado «Monstruos verdaderos amenazan al planeta»

A ilustradora e deseñadora Marie G. Rohde presenta Monstruos verdaderos amenazan al planeta (Zahorí de Ideas) este sábado 30 ás 12:30 na libraría NUMAX. Rohde, sueca afincada en Barcelona, ten traballado para grandes marcas internacionales como Uniqlo, Tiffany, Macy’s ou Condé Nast. O seu interese innato pola mitoloxía e o medio ambiente levárona a publicar este seu primeiro libro.

Sobre o libro
Hai monstros deambulando polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e mesmo se esconden nos sumidoiros. Provocan tormentas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais. O inmenso Basurokong, o desagradable Esmogodón, o pegañento Grasodonte ou o invasivo Urbanosauro farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros realmente existen! Só heroes ambientais como ti poden derrotalos! Faite pequeno activista e axúdanos a vencer a estas malvadas criaturas!

Marie G. Rohde medrou en Suecia rodeada de material artístico, estampados e unha familia internacional. Un ano de intercambio na escola de arquitectura de Barcelona fíxoa cambiar de país. Un concurso para un libro infantil foi o inicio dun diario ilustrado on line. Unha licenciatura en arquitectura lanzouna internacionalmente ao deseño de estampados e a ilustración. O libro Monstruos verdaderos naceu do encontro fortuíto entre un faladoiro infantil sobre Pokémons e un remuíño de lixo no recreo dun colexio de Barcelona. E se os nenos soubesen tanto de ameazantes monstros ambientais coma de Pokémons?