Idrissa, crónica dunha morte calquera

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE

Idrissa, crónica dunha morte calquera

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7

O guineano Idrissa Diallo, de 21 anos, faleceu nunha cela dun Centro de Internamento de Estranxeiros de Barcelona. Un feito do que ninguén se fixo responsábel, que se pretendeu silenciar e co que o activista e cineasta Xavier Artigas (Ciutat Morta) constrúe un relato colectivo tan sangrante como esperanzador. Pouco ou nada sabemos dos miles de migrantes que viven nas nosas cidades. Se as novas sobre o caso do manteiro senegalés Mame Mbaye abriron unha fiestra a esas vidas, Idrissa vai un paso alén: non se trata só de contar unha historia, senón do uso efectivo do cinema como ferramenta de acción e cambio.

  • Título orixinal: Idrissa, crònica d´una mort qualsevol
  • Ano: 2018
  • Duración: 94 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Xavier Artigas, Xapo Ortega
  • Guión: Xavier Artigas, Xapo Ortega
  • Montaxe: Pablo Gil
  • Son: Juan Segura
  • Música: Filastine
  • Fotografía: Lucía Venero
  • Produtora: Metromuster, Polar Star Films (España)
  • Distribuidora: Polar Star Films
Sevilla 2018 (Sección Oficial)