O caracol e a balea

  • Estrea
  • DCP2K
  • +3
  • VE

O caracol e a balea

  • Estrea
  • DCP2K
  • +3

Con espírito inquieto e ganas de descubrir mundo, un pequeno caracol embárcase nunha viaxe á cola dunha balea xibardo. Pero un día, a balea perde o rumbo e termina varada nunha baía illada. Como fará o pequeno caracol para rescatala? 

Esta bonita historia dunha amizade improbábel ven acompañada de tres curtametraxes tocadas polo poder do mar:

A folla ( Leaf), de Aliona  Baranova: Un mariñeiro recibe unha bonita folla de outono dunha nena que lle lembra ao seu fogar. Que atopará cando volva a casa?

Á auga! ( Overboard!), de  Barbora  Valecká e Filip  Pošiveč: Chameleon e  Kiwi son unha parella ben estraña: mentres que o primeiro chama a atención coas súas cores cambiantes, o outro foxe dos focos de atención. 

A pesca milagrosa (A  pêche  miraculeuse),  de Fabrice  Luang- Vija: Un home atópase pescando nunha barca co seu gato. A primeira pesca do día é unha sardiña, pero os obxectos que a seguen son cada vez máis absurdos e sorprendentes.

 

A partir de 3 anos.

  • Título orixinal: The Snail and the Whale
  • Ano: 2019
  • Duración: 57 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Max Lang, Daniel Snaddon
  • Guión: Max Lang, Suzanne Lang. Libro: Julia Donaldson, Axel Scheffler
  • Música: René Aubry
  • Produtora: Magic Light Pictures, ZDF
  • Distribuidora: Rita & Luca Films
Annie 2020 (Mellor especial de animación)