Petís NUMAX: O malvado raposo feroz

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE

Petís NUMAX: O malvado raposo feroz

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP

Quen pense que o campo é un lugar tranquilo e pacífico trabúcase, alí atópanse animais particularmente axitados, un raposo que se cre polo, un coello que fai de cegoña ou un pato que quere reemprazar a Papá Noel.

Unha nova xoia da animación francesa que proxectaremos en versión orixinal subtitulada. Dirixida a todas as idades e especialmente axeitada para crianzas iniciadas na lectura.

  • Título orixinal: Le Grand Méchant Renard et autres contes
  • Ano: 2017
  • Duración: 79 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Benjamin Renner, Patrick Imbert
  • Guión: Jean Regnaud, Benjamin Renner (Cómic: Benjamin Renner)
  • Montaxe: Benjamin Massoubre
  • Son: Sabrina Calmels, Emmanuel de Boissieu, Valène Leroy
  • Música: Robert Marcel Lepage
  • Produtora: Folivari (Francia)
  • Distribuidora: Sherlock Films
César 2017 (Mellor Filme de Animación), Annie 2017 ( Nomeado a Mellor Filme Independente, Dirección e Animación)