Vida oculta

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Vida oculta

  • Estrea
  • DCP2K

Biopic sobre Franz Jägerstätter, un labrego austríaco católico que se opuxo á anexión de Austria con Alemaña en 1938 e que se negou a cumprir o servizo militar obrigatorio. Por estes feitos foi xulgado e condenado a morte, sendo beatificado en 2007 polo Papa Benedicto XVI. Unha historia na que terá grande importancia a relación de Franz coa súa muller Fani, unidos contra os conflitos que se crearán na súa localidade, a súa igrexa e cos seus amigos máis achegados.

O director Terrence Malick (A delgada liña vermella, A árbore da vida), ponse aos mandos deste proxecto, coas actuacións de Matthias Schoenaerts (A rapariga danesa), Valerie Pachner (Bad Lucky), Bruno Ganz (O afundimento), Martin Wuttke (Malditos bastardos) e Maria Simon (Good bye, Lenin!).

  • Título orixinal: A Hidden Life
  • Ano: 2019
  • Duración: 174 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Terrence Malick
  • Guión: Terrence Malick
  • Elenco: August Diehl, Matthias Schoenaerts, Valerie Pachner, Michael Nyqvist, Jürgen Prochnow, Bruno Ganz
  • Montaxe: Rehman Nizar Ali, Joe Gleason, Sebastian Jones
  • Dirección de arte: Bryce Tibbey
  • Vestiario: Lisy Christl
  • Son: William Franck
  • Música: James Newton Howard
  • Fotografía: Jörg Widmer
  • Produtora: Fox Searchlight (Estados Unidos), Studio Babelsberg, Medienboard Berlin-Brandenburg (Alemaña)
  • Distribuidora: Walt Disney Motion Pictures Spain
Cannes 2019 (Sección Oficial)