Petís NUMAX: As aventuras da toupiña

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP
  • VO

Petís NUMAX: As aventuras da toupiña

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP
  • VO

A toupiña e o paraugas
(Krtek a paraplíčko, 1971, 7')
Entre algúns obxectos vellos, a pequena toupiña atopa un paraugas… Ponse tan ledo que xa non se ha separar del.

A toupiña xardiñeira
(Krtek zahradníkem, 1969, 7’)
A mangueira está furada e as flores sedentas murchan aos poucos. A toupiña fai todo o posíbel, coa axuda do pequeno rato, para atopar unha solución. Non ha ser tarefa doada!

A topiña e o carnaval
(Krtek a karneval, 1975, 7′)
O carnaval do pobo deixou un bo barullo e unha boa oportunidade de diversión para a toupiña.

A toupiña e a lambetada
(Krtek a lízátko, 1970, 7’)
Tras o paso de dous nenos larpeiros, a toupiña encontra unha piruleta esquecida nun banco.

O Nadal da toupiña
(Krtek o vánocích, 1975, 7’)
É Nadal! A pequena toupiña quere dar unha sorpresa navideña ao seu amigo o rato decorando a árbore de Nadal, pero un corvo algo trasno halle dar máis traballo do que tiña previsto.

  • Título orixinal: Petís NUMAX: As aventuras da toupiña
  • Ano: 1975
  • Duración: 40 minutos
  • Idioma orixinal: Sen diálogos
  • Dirección: Zdeněk Miler
  • Guión: Zdeněk Miler
  • Distribuidora: Rita&Luca FIlms