Legal

1. OBXECTO E XENERALIDADES

2. CONDICIÓNS XERAIS DE USO

  1. Propiedade intelectual e industrial
  2. Os contidos
  3. A nosa responsabilidade

3. CONDICIÓNS DE VENDA

  1. Información sobre o produto
  2. Dispoñibilidade
  3. Formas de pagamento
  4. Formalización de pedidos
  5. Cancelación de pedidos (só para pedidos con envío a domicilio)
  6. Entrega do produto
  7. Prazo de entrega
  8. Entrega (só para produtos con envío a domicilio)
  9. Dilixencia na entrega (só para produtos con envío a domicilio)
  10. Devolución

4. POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. OBXECTO E XENERALIDADES

As presentes Condicións Xerais de Uso, Condicións de Venda e Política de Privacidade (en adiante, "as Condicións") regulan o uso do sitio web http://www.numax.org (en adiante "este web"), do que é titular NUMAX, S. Coop. Galega (en adiante "NUMAX") con CIF F70402490 e domicilio na rúa Concepción Arenal, 9, baixo, 15702 Santiago de Compostela e inscrita no Rexistro de Cooperativas de Galicia, Rexistro Provincial de A Coruña no Tomo XV, folla 1455C, folio 1, asento 1.

A través deste web, NUMAX proporciona información da súa programación de actividades ás persoas usuarias e ofrece a posibilidade de mercar produtos da súa libraría así como entradas para a súa sala de cinema. As persoas usuarias poden facer compras facilitando só un correo electrónico ou enderezo de envío físico para que NUMAX poida achegarlle o xustificante de compra da súa entrada ou a mercancía solicitada. As persoas usuarias poden tamén rexistrarse no web enchendo un formulario e gardar datos na súa ficha para futuras compras ou para a súa consulta e/ou modificación posterior. En calquera dos casos, a condición de persoa usuaria supón a adhesión ás Condicións de Uso na versión publicada no momento no que se acceda ao web. En caso de que calquera cláusula das presentes Condicións sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das Condicións.

NUMAX poderá non exercitar algúns dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos, agás recoñecemento expreso por parte de NUMAX ou prescrición da acción que en cada caso corresponda.

As presentes Condicións réxense pola lexislación española aplicábel na materia. Para resolver calquera controversia ou conflito que se derive das presentes Condicións, as partes sométense á xurisdición dos tribunais da cidade de Santiago de Compostela, salvo que a lei impoña outra xurisdición.

As persoas usuarias poden contactar no teléfono 981 560 250 ou no enderezo de correo electrónico info@numax.org para resolver calquera dúbida que poida xorder respecto ás presentes Condicións.

2. CONDICIÓNS XERAIS DE USO

2.1. Propiedade intelectual e industrial

Os contidos textuais, fotografías e materiais audiovisuais baixo autoría de NUMAX e publicados neste web, así como a totalidade dos elementos gráficos, atópanse baixo licenza Creative Commons by-sa, polo que poden ser libremente reproducidos e distribuídos, total ou parcialmente, sempre que se cite a súa autoría e se publiquen baixo a mesma licenza.

Todos aqueles contidos creados por terceiros que NUMAX publica neste web manteñen a licenza de propiedade intelectual ou copyright baixo a que foran orixinalmente publicados.

O deseño web e a programación xeral deste web son obra da Navalla suíza. O código fonte do web está liberado coa licenza GNU Affero 3, que permite unha distribución bastante ampla sempre que se respecten as súas condicións de recoñecemento. Para máis información sobre o deseño e a programación do web, pódese consultar o colofón desta páxina.

2.2. Acceso e estancia neste web. Os nosos contidos

As persoas usuarias son integramente responsábeis da súa conduta, ao acceder á información deste web, mentres naveguen na mesma así como despois de accederen accedido. Como consecuencia disto, as persoas usuarias son as únicas responsábeis ante NUMAX e terceiros de:

  1. As consecuencias que se poidan derivar dunha utilización, con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ao presente documento, de calquera contido deste web, elaborado ou non pola empresa, publicado ou non baixo o seu nome de forma oficial.
  2. Así como das consecuencias que se poidan derivar da utilización contraria ao contido do presente documento e lesiva dos intereses ou dereitos de terceiros, ou que de calquera forma poida danar, inutilizar ou deteriorar este web ou os seus servizos ou impedir o seu uso normal por outras persoas usuarias.

NUMAX resérvase o dereito a actualizar os contidos cando o estime convinte, así como a eliminalos, limitalos ou impedir o acceso aos mesmos, de xeito temporal ou definitiva, así como denegar o acceso ao web a persoas usuarias que fagan un mal uso dos contidos e/ou incumpran calquera das condicións que aparecen no presente documento.

NUMAX non garantiza:

1. Que o acceso a este web sexa ininterrumpido ou libre de erro.

2. Que o contido ou software ao que as persoas usuarias accedan a través deste web non conteña erro algún, virus informático ou outros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos seus sistemas ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático ou cause outro tipo de dano.

3. O aproveitamento que, da información ou contido deste web, as persoas usuarias puideran realizar para os seus propósitos personais.

A información contida neste web debe ser considerada polas persoas usuarias como divulgativa e orientadora, tanto con relación á súa finalidade como aos seus efectos, motivo polo cal NUMAX non garante a exactitude da información contida neste web e, por conseguinte, non asume responsabilidade algunha sobre os posíbeis prexuízos ou incomodidades para as persoas usuarias que puidesen derivarse dalgunha inexactitude presente neste web.

2.3. A nosa responsabilidade

NUMAX non asume responsabilidade algunha derivada, a título enunciativo pero non limitativo:

  1. Da utilización que as persoas usuarias poidan facer dos materiais deste web ou, xa sexan prohibidos ou permitidos, en infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial de contidos deste web ou de terceiros.
  2. Dos eventuais danos e prexuízos ás persoas usuarias causados por un funcionamento normal ou anormal das ferramentas de procura, da organización ou a localización dos contidos e/ou acceso a este web e, en xeral, dos erros ou problemas que se xeren no desenvolvemento ou instrumentación dos elementos técnicos que este web ou un programa facilite ás persoas usuarias.
  3. Dos contidos daquelas páxinas ás que as persoas usuarias poidan acceder desde ligazóns incluídas neste web, xa sexan autorizados ou non.
  4. Dos actos ou omisións de terceiros, con independencia de que estes terceiros puidesen estar unidos a NUMAX mediante vía contractual.
  5. Do acceso de menores de idade aos contidos incluídos neste web, sendo responsabilidade dos seus proxenitores ou titores exercer un control adecuado sobre a actividade dos fillos ou menores ao seu cargo ou ben instalar algunha das ferramentas de control do uso de Internet co obxecto de evitar (i) o acceso a materiais ou contidos non aptos para menores, así como (ii) o envío de datos persoais sen a previa autorización dos seus proxenitores ou titores.

NUMAX non será responsábel en ningún caso cando se produzan:

  1. Erros ou atrasos no acceso a este web por parte das persoas usuarias á hora de introducir os seus datos no formulario de pedido, a lentitude ou imposibilidade de recepción por parte dos destinatarios da confirmación do pedido ou calquera anomalía que poida xurdir cando estas incidencias sexan debidas a problemas na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior e calquera outra continxencia imprevisíbel allea á boa fe de NUMAX.
  2. Erros ou incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas, de maneira que non se garante que os servizos deste web estean constantemente operativos.
  3. Dos erros ou danos producidos ao sitio web por un uso do servizo ineficiente e de mala fe por parte das persoas usuarias.
  4. Da non operatividade ou problemas na dirección de email facilitada polas persoas usuarias para o envío da confirmación do pedido.
  5. En todo caso, NUMAX comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario ás persoas usuarias para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.
  6. Así mesmo, NUMAX ten dereito a realizar durante intervalos temporais definidos, campañas promocionais para promover o rexistro de novos membros no seu servizo. NUMAX resérvase o dereito de modificar as condicións de aplicación das promocións, prorrogalas comunicándoo debidamente, ou proceder á exclusión de calquera das persoas participantes da promoción no suposto de detectar calquera anomalía, abuso ou comportamento pouco ético na participación dos mesmos.

3. CONDICIÓNS DE VENDA

3.1. INFORMACIÓN SOBRE OS PRODUTOS

As descricións dos produtos expostos neste web realízanse en base á información proporcionada polos provedores de NUMAX. No entanto, a información dada sobre cada produto, así como as fotografías ou vídeos relativos aos mesmos e os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos neste web, son expostos a modo orientativo.

Todos os prezos dos produtos que se indican a través deste web inclúen o IVE e os demais impostos que puidesen corresponder. No entanto, estes prezos non inclúen os gastos correspondentes ao envío, que se detallan á parte e deben ser aceptados polas persoas usuarias.

As persoas con tarxeta de abonada, colaboradora ou protectora de NUMAX gozan dun 5% de desconto no prezo de todos os produtos de libraría, que aparecerá reflectido no PVP sempre que antes accederan como usuarios a través do menú superior de Usuarias/os. Os gastos de envío están excluídos deste desconto.

As persoas con tarxeta de abonada, colaboradora ou protectora, así como persoas desempregadas, xubiladas ou estudantes menores de 25 anos poden beneficiarse dunha entrada reducida en todos os pases do cinema excepto en proxeccións especiais. Para beneficiarse deste desconto, deben indicalo no momento da compra a través desta web e aportar un documento acreditativo da súa condición no momento da retirada da entrada na billeteira de NUMAX.

3.2. DISPOÑIBILIDADE

NUMAX informa ás persoas usuarias que o número de unidades dispoñíbeis mantense actualizado a diario coas existencias na nosa libraría. Porén, por causas non controlabeis por NUMAX a través dos sistemas informáticos ou por mor de erros humanos, NUMAX non pode garantir sempre a existencia de unidades dispoñibeis en almacén no momento da súa compra. Nese caso, NUMAX comprométese a informar á persoa usuaria no prazo de 24 horas dende o momento da compra no caso de non existiren unidades suficientes para satisfacer o seu pedido e o prazo estimado no que os distribuidores de NUMAX poidan servilas, reservándose neste caso a persoa usuaria o dereito de cancelar parcialmente a compra e solicitar o seu reintegro sen custe adicional. Se por mor desta cancelación a persoa usuaria desexara cancelar a totalidade da compra, deberá seguir o procedemento estipulado no apartado de Devolucións.

3.3. FORMAS DE PAGAMENTO

NUMAX só aceptará como forma de pago para as compras de artigos efectuadas neste web a pasarela de pago de Banco Sabadell, que servirá para pagar os artigos que aparezan dispoñibeis no momento da compra. Confirmado o carro da compra e a dispoñibilidade dos artigos, apareceralle a opción "COMPRAR", deberá clicar nela, encher os datos que se lle soliciten, e automaticamente cargarase o importe en conta. Os devanditos datos viaxarán de forma encriptada á entidade bancaria correspondente, garantindo así a seguridade dos mesmos. Así mesmo, NUMAX non ten acceso a datos confidenciais relativos ao medio de pago, e por tanto tampouco os almacena. Unicamente Banco Sabadell ten acceso a estes datos a modo de xestión dos pagos e cobros e que son inaccesibeis a outros terceiros.

Disponse da opción de domiciliación bancaria só para os produtos de abono. Nese caso, mediante a sinatura da orde de domiciliación, a persoa asinante autoriza a NUMAX, S. Coop. Galega (F70402490 Concepción Arenal, 9, baixo, 15702, Santiago de Compostela, A Coruña) a enviar instrucións á entidade bancaria do subscritor para adebedar na súa conta e á entidade para efectuar os débitos na súa conta seguindo as instrucións do acredor. Como parte dos seus dereitos, no caso de adeudo directo en conta, o subscritor está lexitimado ao reembolso pola súa entidade nos termos e condicións do contrato subscrito coa mesma.

O noso servidor garántelle a privacidade dos datos que nos transmite. Dita privacidade conséguese mediante o protocolo HTTPS, cifrando os datos con SSL (Secure Socket Layer).

Os compradores deberán notificar a NUMAX calquera cargo indebido ou fraudulento na tarxeta utilizada para as compras, mediante e-mail ao correo info@numax.org no menor prazo de tempo posíble para que NUMAX poida realizar as xestións oportunas.

3.4. FORMALIZACIÓN DE PEDIDOS

O Cliente comprométese a pagar no momento que realiza o pedido. Ao prezo inicial que figure no sitio web para cada un dos produtos ofrecidos sumaránselle as tarifas correspondentes aos gastos de envío pertinentes. En calquera caso, ditas tarifas serán comunicadas previamente ás persoas usuarias antes de formalizar a propia compra.

O ticket ou comprobante de compra que corresponde ao pedido de compra enviaráselle por correo electrónico ao enderezo facilitado e, só no caso de estar a persoa usuaria rexistrada neste web, estará dispoñíbel na sección "A miña conta", "Os meus pedidos" e "As miñas entradas".

3.5. CANCELACIÓN DE PEDIDOS (SÓ PARA PEDIDOS CON ENVÍO A DOMICILIO)

NUMAX aceptará cancelacións de pedidos só cando se soliciten antes do envío do mesmo. Para realizar a cancelación debes solicitalo a través do correo info@numax.org.

3.6. ENTREGA DO PRODUTO

No caso de venda de entradas a través do web, o cliente pode acceder á sala coa entrada electrónica, amosando ao persoal de NUMAX a documentación que acredite o dereito a desconto de ser o caso. As entradas enviarase ao correo electrónico co que efectuou a compra e, no caso de dispoñer de rexistro de usuaria, poderase descargar dende a ficha de usuaria.

No caso de venda de libros e materiais audiovisuais, NUMAX comprométese a entregar o produto en perfecto estado na dirección que a persoa usuaria sinale no formulario de pedido, e que en todo caso deberá estar comprendida dentro do territorio peninsular do estado español. Co fin de optimizar a entrega, agradecemos ás persoas usuarias que indiquen unha dirección na cal o pedido poida ser entregado dentro do horario laboral habitual. NUMAX non será responsábel polos erros causados na entrega cando a dirección de entrega introducida polas persoas usuarias no formulario de pedido non se axuste á realidade ou fosen omitidos.

A persoa usuaria pode tamén escoller no furmulario de compra a opción de "Recollida en tenda". Nese caso, é responsabilidade da persoa usuaria a súa recollida en horario de atención ao público da libraría de NUMAX.

3.7. PRAZO DE ENTREGA

No caso de venda de entradas, as entradas pódense retirar dende o momento da compra ata 10 minutos antes do inicio da sesión.

Se a persoa usuaria escolleu recoller en tenda os seus libros ou materiais audiovisuais, pode recollelos a partir do momento de recibir por correo electrónico a notificación de conformidade coa compra achegándose en horario de atención ao público na libraría de NUMAX.

Os envíos a domicilio de libros e materiais audiovisuais realízanse a través de Correos ou da empresa de mensaxería MRW, segundo a persoa usuaria escolla no formulario de compra. O pedido realizado seralle entregado nun prazo máximo de 56 horas para envíos por mensaxería MRW ou 15 días laborabeis para envíos por Correos desde que se efectúa a confirmación do pedido, excepto comunicación previa por parte de NUMAX, caso no que as persoas usuarias se reservan o dereito a solicitar a cancelación do pedido segundo se estabelece no apartado de Cancelacións.

Cada entrega considérase efectuada a partir do momento no cal a empresa de transportes pon o produto a disposición das persoas usuarias, que se materializa a través do sistema de control utilizado pola compañía de transportes.

No caso de atrasos na entrega dos pedidos imputabeis a NUMAX, a persoa usuaria poderá anular o seu pedido de acordo co procedemento descrito no apartado "Devolucións". Non se considerarán atrasos na entrega aqueles casos nos que o pedido fose posto a disposición da persoa usuaria por parte da compañía de transporte dentro do prazo acordado e non puidese ser entregado por causa imputábel á persoa usuaria.

Unha vez que o pedido salga dos nosos almacéns, enviaráselle á persoa usuaria un e-mail notificándolle que o seu pedido foi aceptado e está a ser enviado.

Por motivos de seguridade, NUMAX non enviará ningún pedido a apartados de correos nin bases militares, nin aceptará ningún pedido cando non sexa posíble identificar ao destinatario do pedido e a súa dirección.

3.8 ENTREGA (SÓ PARA PRODUTOS CON ENVÍO A DOMICILIO)

Se no momento da entrega a persoa usuaria se atopase ausente, o transportista deixará un comprobante indicando como proceder para concertar unha nova entrega. NUMAX contrata, como parte do servizo de entrega de mensaxería, a realización dunha serie de accións de seguimento, encamiñadas a garantir que a entrega se produza.

Se pasados 7 días hábiles despois da saída do reparto do pedido non se concertou a entrega, a persoa usuaria deberá poñerse en contacto con NUMAX. No caso de que a persoa usuaria non proceda así, pasados 10 días hábiles desde a saída a reparto do pedido, este será devolto aos nosos almacéns e a persoa usuaria deberá facerse cargo dos gastos de envío e retorno a orixe da mercadoría, así como dos posíbeis gastos de xestión asociados.

Se o motivo polo que non se puido realizar a entrega é o extravío do paquete, o noso transportista iniciará unha investigación. Nestes casos, os prazos de resposta dos nosos transportistas adoitan oscilar entre unha e tres semanas.

3.9. DILIGENCIA NA ENTREGA (SÓ PARA PRODUTOS CON ENVÍO A DOMICILIO)

A persoa usuaria deberá comprobar o bo estado do paquete ante o transportista que, por conta de NUMAX, realice a entrega do produto solicitado, indicando no albarán de entrega calquera anomalía que puidese detectar na embalaxe. Se posteriormente, unha vez revisado o produto, a persoa usuaria detectase calquera incidencia como golpe, rotura, indicios de ser aberto ou calquera dano causado neste polo envío, este comprométese a comunicalo a NUMAX vía email no menor prazo de tempo posible, antes das seguintes 24 horas desde a entrega. A partir dese momento non se atenderán incidencias deste tipo.

3.10. DEVOLUCIÓN

NUMAX non se compromete a facer efectiva a devolución nin o cambio de entradas para o cinema que foran mercadas por erro pola persoa usuaria salvo erro imputable a NUMAX na información da páxina web ou no funcionamento das mesma no momento da compra. A persoa usuaria debe asegurarse antes de tramitar a reserva da exactitude e adecuación dos datos introducidos, xa que non é posible a devolución das entradas adquiridas unha vez realizada a compra. Nese sentido, a persoa usuaria non poderá exercitar o dereito de desistiemento ou resolución previsto no artigo 103 da Lei 3/2014, de 27 de marzo, ao estar excluída do exercicio do mesmo.

Todos os libros e produtos audiovisuais mercados neste web poderán ser devoltos e reembolsados, sempre que o produto estea no mesmo estado no qeu se entregou, conservando a súa embalaxe e etiquetaxe orixinal sempre que a persoa usuaria comunique a NUMAX a súa intención de devolver o/os produto/s adquirido/s dentro dun prazo máximo de até 14 días laborábeis contados desde a data de entrega. Deberase incluír unha copia do albarán de entrega dentro do paquete. NUMAX reintegrará o importe dos produtos devoltos no momento da súa recepción e só devolverá o importe dos gastos de envío no caso de que o produto recibido sexa defetuoso.

4. POLÍTICA DE PRIVACIDADE

De acordo co estabelecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro informamos ás persoas usuarias de que os datos obtidos en calquera formulario deste web serán incorporados a un ficheiro automatizado baixo a responsabilidade de NUMAX, S. Coop. Galega coa finalidade de atender as súas consultas e remitirlle información relacionada que poida ser do seu interese. As persoas usuarias poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito a R/ Concepción Arenal nº9 baixo, 15702, Santiago de Compostela.

NUMAX comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada. Os datos das persoas usuarias serán utilizados para o envío a través de correo electrónico dos xustificantes de vendas que realice NUMAX, para o envío de boletíns de novidades solicitados polas persoas usuarias e para a entrega a domicilio dos seus pedidos.

Mentres non nos comunique o contrario, NUMAX entenderá que os datos das persoas usuarias non foron modificados, que se comprometen a notificarnos calquera variación e que temos o seu consentemento para empregalos para as finalidades mencionadas.

Para cancelar a súa conta, as persoas usuarias deberán escribir unha mensaxe a info@numax.org desde o correo electrónico co que abriu a súa conta a co asunto "Cancelar conta".

O envío dos seus datos implica a aceptación desta cláusula.