Os libros de Io Morales

A poucos días de celebrarmos o Día das Letras Galegas o ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias vive a súa segunda cita coa creadora téxtil Io Morales. Para ir abrindo boca compartimos o itinerario bibliográfico da artista pontevedresa. Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.

Seguir lendo

Os libros de Laura Tova

Bota a andar o ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias. Para presentarvos a primeira convidada, a ilustradora Laura Tova, achegamos as súas recomendacións literarias. Intemperiadas está comisariada por Charo Lopez e conta co apoio da Deputación da Coruña.

Seguir lendo

Lecturas Intemperiadas

No mes de abril arranca Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias, unha actividade que se desenvolverá na Libraría NUMAX até o mes de outubro e que propiciará o encontro da obra de Xela Arias con creadoras actuais de diferentes disciplinas artísticas. Para ir abrindo boca compartimos o itinerario bibliográfico da comisaria da actividade, Charo Lopes, que nos comenta cada unha das súas escollas. Intemperiadas está apoiada pola Deputación da Coruña.

Seguir lendo

Os textos de Margarita Ledo Andión

A poucos días da esperada estrea de Nación, a cineasta e socia de NUMAX Margarita Ledo Andión comparte con todas nós unha relación de textos especialmente relevantes na creación e concepción do seu novo filme. A estrea será o venres 26 de marzo.

Seguir lendo

Os libros de Berta Dávila

Aproveitando a próxima visita a NUMAX de Berta Dávila presentar Illa Decepción, a escritora compostelá comparte connosco algunhas lecturas clave na creación do IV Premio Repsol de Narrativa Breve.

Seguir lendo

Os libros de Alfonso Zarauza

«Esta é unha pequena clasificación dos libros que máis impresión deixaron en min nestes últimos cinco anos e que polo tanto de xeito consciente ou inconsciente acompañaron a todo o proceso creativo de Ons» (Alfonso Zarauza)

Seguir lendo

Todos os itinerarios