Os libros de Paulino Viota

[Foto: Óscar Fernández Orengo]
Imos quentando motores para a ilusionante visita do teórico e cineasta Paulino Viota ao encontro A cor das palabras do sábado 29 de febreiro. O profesor cántabro comparte connosco unha relación con algúns dos libros de cabeceira sobre os que pivota o seu pensamento cinematográfico.

Seguir lendo

Os libros de Rodríguez-Méndez

Para acompañar a Ir, o Episodio #5 de Creación Contemporánea, o artista galego Rodríguez-Méndez achéganos unha relación de textos especialmente relevantes no seu proceso creativo. A presentación do episodio terá lugar o luns 16 de decembro ás 20:00 horas na nosa Libraría. Recodarmos que esta actividade está comisariada por Ángel Calvo Ulloa e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Seguir lendo

Os libros de Diego Santomé

O artista Diego Santomé déixanos a súa escolla libresca, acompañada dunha breve explicación, co gallo do Episodio #3 de Creación Contemporánea, Do caolín de Burela ao Rosa Tokio. O vindeiro martes 10 de setembro ás 20:00 o artista estará connosco, na Libraría NUMAX, para presentar o seu proxecto, xunto ao comisario deste ciclo, Ángel Calvo Ulloa. Lembramos que este programa conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña.

Seguir lendo

Novelas e ensaios para un verán total

Este verán protéxete do sol, bebe moita auga (sen plástico, mellor), bebe, en xeral, o que che preste e baila en festivais e verbenas. Pero sobre todo, escolle ben as lecturas que te han acompañar. Desde a Libraría NUMAX, deixámosche algunhas propostas:
 

Seguir lendo