O fillo de Saúl: textos

Coincidindo coa estrea en NUMAX d'O fillo de Saúl propoñemos un itinerario bibliográfico que reflexiona arredor dun dos grandes traumas da humanidade no século XX. Os dilemas e debates á volta dos mecanismos axeitados para representar o Holocausto centran boa parte dos textos aquí suxeridos.

Seguir lendo

Escenas do Cambio

Froito da colaboración entre NUMAX e o Festival Escenas do Cambio —organizado pola Cidade da Cultura de Galicia—, agroma esta selección bibliográfica especializada na expresión corporal e escénica. O catálogo de títulos escolmados foi elaborado polos responsábeis da Libraría NUMAX en colaboración con Pablo Fidalgo, director artístico do festival.

Atlas, Ana Borralho e Joao Galante. Fotografía: Manuel G. Vicente

Seguir lendo

Lecturas para o verán (II)

Seguinte capítulo de recomendacións dos nosos socios. O verán pode ser propicio para textos curtos, pero tamén para atreverse, grazas ao maior tempo dispoñíbel, con cousas máis extensas. Aquí Toni intenta contentar a todos:

Seguir lendo

Lecturas para o verán (I)

Recuperamos a nosa sección web 'Itinerarios' para inaugurar unha serie de entradas que vos achegaremos semanalmente cunha selección de lecturas de verán realizada por cada unha das seis socias desta cooperativa. Seis semanas, por tanto, que comezan coa escolma da nosa compañeira Cris. Velaquí a súa listaxe:

Seguir lendo