Os libros de Miguel Anxo Rodríguez e Ángel Calvo Ulloa

Ángel Calvo Ulloa, comisario dos Episodios de Creación Contemporánea, e Miguel Anxo Rodríguez, profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC) déixannos os seus libros favoritos en relación a esta nova actividade da Libraría NUMAX que buscará a partir do 1 de xuño o achegamento ás artes visuais a partir do encontro con cinco artistas que empregarán a vitrina do noso espazo como reclamo. Nestes encontros Carme Nogueira, Jorge Varela, Diego Santomé, Rodríguez-Méndez e Carla Filipe presentarán os seus traballos, pero tamén nos achegarán as súas investigacións e procesos creativos.

Seguir lendo

Anagrama, medio século de edición

Anagrama cumple 50 anos este 2019 e celébrao polo grande: sacando unha nova colección conmemorativa, Compactos 50, con redeseño, e coa complicidade de libreiros, escritores e ilustradores; continuando cos lanzamentos dos autores da casa: o último Houellebecq, o número 1000 da colección Panorama de Narrativas (La única historia, de Julian Barnes), a última parte de Mi lucha, o proxecto narrativo de Karl Ove Knausgård, ou un novo libro do seu fundador, Jorge Herralde; ademais da próxima incorporación ao seu catálogo de autores como Philippe Lançon ou Olga Tokarczuk.

Seguir lendo

Os libros de Massadian

A gran protagonista do arranque da primavera en NUMAX chámase Valérie Massadian, autora das portentosas Nana e Milla, que poderemos coñecer máis de preto no encontro A cor das palabras do domingo 31 de marzo. A directora francesa enviános unha listaxe de libros que teñen marcado o seu proceso creativo e que podedes consultar a continuación.

Seguir lendo

Os libros que veñen en marzo

Este marzo, antesala do mes máis libresco, vén cargado de novidades que estamos desexando ler! Podes reservar calquera destes títulos a través da nosa web para gozar do teu exemplar desde o primeiro día de publicación.

Seguir lendo

8 de marzo de 2019

Para preparar o 8 de marzo deste 2019 presentámosvos esta pequena proposta literaria: títulos que afondan na análise dos acontecementos e reflexionan sobre as súas consecuencias, e arredor dos debates e dilemas que xurden.

Seguir lendo

Escenas do Cambio... Tamén en NUMAX!

Escenas do Cambio tamén está en NUMAX. Ven á nosa libraría a coñecer a nosa proposta bibliográfica e os libros dos protagonistas desta edición. Compra un exemplar pertencente a este itinerario bibliográfico e leva de agasallo este libro: Spangberguianismo (promoción válida tamén para compras a través da nosa web, até esgotar 18 copias)

Seguir lendo