Rentrée editorial!!!

Estamos a piques de comezar setembro, preparadas para recibir o novo curso e as primeiras novidades logo do descanso estival. Adiantámosvos algúns dos títulos que chegarán nos vindeiros días. Lembrade que podedes tamén reservalos a través da nosa web. Que emoción!!!

Seguir lendo

Vacacións de libro

Comeza a apretar o sol e na Libraría NUMAX seleccionamos estupendas lecturas que xirán arredor do tempo de lecer, o verán, a praia... Escolle os que máis che gusten e a gozar das vacacións!

Seguir lendo

Libros con Orgullo

A Libraría NUMAX súmase á celebración do Día do Orgullo LGBTI, que ten lugar o xoves 28 de xuño, cunha escolla de textos que celebran a diversidade sexual ou denuncian calquera mostra de discriminación. Esperamos que sexa do voso interese!

Seguir lendo

Os libros de Eugène Green

Esta fin de semana recibimos a visita do director e dramaturgo Eugène Green para presentar a súa última creación, Agardando os bárbaros, e participar no encontro A cor das palabras. Para irmos preparando estas citas, compartimos unha relación de textos esenciais especialmente escolmados polo cineasta para a Libraría NUMAX.
(Imaxe: Ulf Anderson)

Seguir lendo

Andrés Goteira recomenda

Na semana de estrea de Dhogs compartimos a compilación de textos e obras cinematográficas que teñen influenciado a Andrés Goteira na confección da súa abraiante opera prima.

Seguir lendo