Os libros de Nobuhiro Suwa

A inminente visita do cineasta Nobuhiro Suwa, este domingo 29 de abril, para impartir unha aula maxistral dentro do programa «A cor das palabras. Encontros con cineastas», organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX, fixo que nos aplicáramos na busca daquelas obras que alimentaron o imaxinario do cineasta. Recomendámosvos tamén a consulta dos seus 10 filmes favoritos, publicados na web de Fotogramas.

Seguir lendo

Pintura galega

Foron universais sen renunciar a unha identidade galega:
"Nos sentíamos formando parte de un proceso evolutivo de Europa pero sintiendo que en Galicia, en su escondido genio nacionalestaban nuestras raíces más hondas" (Luis Seoane)

 

Seguir lendo

Os dez da Libraría NUMAX

Facemos balanzo de 2017 lembrando os dez libros e DVD's máis vendidos durante o ano na Libraría NUMAX aos que sumamos o top 5 de discos. Moitas grazas pola vosa confianza!

Seguir lendo

Columbus e a arquitectura

A visión dos edificios e dos espazos exteriores e interiores que se abren en Columbus, estes días na nosa carteleira, lévannos a percorrer a nosa sección de arquitectura: da moderna á curativa, da forma ao fondo, do ensaio político ao glosario imprescindíbel. Non estamos na cidade de Indiana pero ben sabedes que hai libros que son como alfombras voadoras ;-)
 

Seguir lendo

VindeLibros

Ao fío de VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual, promovido pola Consellaría de Educación e Cultura da Xunta de Galicia co gallo da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia, propoñemos un itinerario bibliográfico para nos mergullar na literatura medieval.

Seguir lendo