Arredor do son

Conscientes de que o cinema é a arte da imaxe, mais tamén do son, a 14ª edición do Curtocircuíto ofrece inmellorábeis espazos de reflexión sobre conceptos como o ruído, o silencio ou as paisaxes sonoras. Ao fío de sesións fundamentais como Cando o son é a imaxe, ou talleres de luxo como Escoitar é intimidade, con David Toop, na Libraría NUMAX propoñemos unha escolla de textos (realizada en colaboración con Curtocircuíto) que nos lembran que tan importante é saber ver como saber escoitar.

Seguir lendo

Os libros de Nicole Brenez

A crítica, investigadora e programadora de cinema de vangarda da Cinemateca Francesa, Nicole Brenez, estará connosco o luns 2 de outubro na cuarta entrega d'A cor das palabras. Para irmos preparando o encontro compartimos unha selección de libros elaborada especialmente para a sesión pola autora francesa.

Seguir lendo

Os libros de Suso de Toro

Para irmos preparando a derradeira entrega do Tac, tac, tac, o martes 19 de setembro, o escritor compostelán Suso de Toro ofrécenos unha relación comentada daqueles títulos que o teñen marcado ao longo da súa vida como lector e escritor.

Seguir lendo

Os libros de Pedro Feijoo

Como adianto á participación do escritor e músico vigués Pedro Feijoo no Tac, tac, tac da Libraría NUMAX, achegamos un itinerario bibliográfico con libros que o teñen influenciado especialmente, que inclúe comentarios do propio autor.

Seguir lendo

Os libros de Bruce Elder

O cinema do canadense Bruce Elder atópase intimamente ligado a textos fundamentais da historia da literatura entre os que destacan as grandes obras de Ezra Pound ou Dante Alighieri. Aproveitando a súa visita a NUMAX do luns 29 de maio compartirmos unha escolla bibliográfica especialmente artellada para a ocasión.

Seguir lendo

59 citas para unha escultura ausente

IMAXE: Santi M. Amil

Compilamos algúns dos libros de ensaio sobre a arte nos que se basea un dos últimos traballos de Jorge Varela "59 citas para unha escultura ausente”, que recolle en fotografías o libro homónimo. O artista expón estes días no escaparate de NUMAX algunhas das lousas da mostra onde, a xeito de reflexión sobre a escultura e a arte, esculpiu citas extraídas destas obras clásicas, todas dispoñibles na Libraría NUMAX.

Seguir lendo