8 de marzo de 2019

Para preparar o 8 de marzo deste 2019 presentámosvos esta pequena proposta literaria: títulos que afondan na análise dos acontecementos e reflexionan sobre as súas consecuencias, e arredor dos debates e dilemas que xurden.

A folga do 8 de marzo e as reivindicacións feministas de 2018 marcaron un punto de inflexión na sociedade e o seu impacto estendeuse tamén ao ámbito da cultura. Un tecido editorial vivo reflicte os acontecementos e as problemáticas da súa época, e este é o caso do panorama editorial de 2018-19, no cal se sucederon numerosas e variadas publicacións, que buscan abordar a problemática dende diferentes puntos de vista.

Deixámosvos aqui unha pequena escolma de títulos de actualidade en narrativa, pensamento, poesía e libro ilustrado, así como algunha reedición ou un novo achegamento á obra de figuras fundamentais do feminismo.

 

Libraría NUMAX |