Itinerarios

Ingmar Bergman

Ímonos preparando para a Retrospectiva coa que celebramos o centenario do nacemento de Ingmar Bergman, cunha selección de textos que podedes atopar na nosa Libraría.

Cando se cumpren 100 anos do nacemento do gran cineasta sueco Ingmar Bergman (Upsala 1918 – Fårö 2007) recuperamos algúns textos clave dun artista maiúsculo, máis coñecido polo seu labor cinematográfico, mais cunha notable capacidade literaria, como ensaísta, dramaturgo e director teatral. Nesta selección incluímos volumes autobiográficos (como o esencial La linterna mágica), entrevistas inéditas, cadernos de traballo ou os textos que deron lugar a grandes obras como Secretos de un matrimonio ou a marabillosa Persona. Comezamos!

La linterna mágica (Tusquets, 2015)

Cuaderno de trabajo (Nórdica, 2018)

Entretiens privés (Gallimard, 1997)

Persona (Nórdica, 2018)

Secretos de un matrimonio y Saraband (Tusquets, 2007)

Sonate d'automne (Gallimard, 1979)

Conversaciones íntimas (Tusquets, 1998)

Ingmar Bergman: le cinéma, le thèâtre, les livres (Gremese, 2000)

La dernière photographie: Sarabande d'Ingmar Bergman (La Lettre Volée, 2017)

Ingmar Bergman (Actes Sud, 2012)

Máscaras de la carne. Aproximaciones al cine de Ingmar Bergman (1918-2018) (Shangrila, 2017)

Las mejores intenciones (Tusquets, 1998)

Ingmar Bergman. Initial series (Cameo, DVD)