Escenas do Cambio... Tamén en NUMAX!

Escenas do Cambio tamén está en NUMAX. Ven á nosa libraría a coñecer a nosa proposta bibliográfica e os libros dos protagonistas desta edición. Compra un exemplar pertencente a este itinerario bibliográfico e leva de agasallo este libro: Spangberguianismo (promoción válida tamén para compras a través da nosa web, até esgotar 18 copias)

Aínda que desmontamos a nosa libraría pop-up do Gaiás, podedes coñecer a selección de libros e filmes que preparamos para esta edición, na que un ano máis (e xa son tres!) contamos coa confianza da dirección do festival, que nos escolleu como libraría deste evento.

Fixemos en repaso pola bibliografía dispoñible dalgúns dos convidados, nomeadamente Esther Ferrer, Isidoro Valcárcel Medina ou Celso Fernández Sanmartín. Estudamos os contidos do programa para ofrecer unha selección acorde coas premisas de programación desta edición e fixemos esta proposta para que a disfrutedes.

Libraría NUMAX |