Itinerarios

Escenas do Cambio

Froito da colaboración entre NUMAX e o Festival Escenas do Cambio —organizado pola Cidade da Cultura de Galicia—, agroma esta selección bibliográfica especializada na expresión corporal e escénica. O catálogo de títulos escolmados foi elaborado polos responsábeis da Libraría NUMAX en colaboración con Pablo Fidalgo, director artístico do festival.

Atlas, Ana Borralho e Joao Galante. Fotografía: Manuel G. Vicente

Jérôme Bel, Emails (2009-2011) (Les presses du réel: 2013)

Os bailaríns e coreógrafos Jérôme Bel e Boris Charmatz comparten e comparan as concepcións e referencias que fundamentan cadanseu traballo artístico.

Germano Celant (ed.), Merce Cunningham (Fundació Tàpies: 1999)

Este coidado volume xira arredor da danza de Merce Cunningham, os testemuños teóricos e afectivos dos escritores e os artistas, os bailaríns e os músicos cuxos escritos coincidiron no tempo con distintos momentos da vida creativa da artista, de 1944 a 1999.

Pablo Fidalgo Lareo, Autobiografía de mi generación (MARCO: 2014)

Pablo Fidalgo (Vigo, 1984) fala do «desastre que as xeracións anteriores nos entregaron e dunha Europa que nunca volverá ser o que foi. Somos unha xeración que ten nos seus avós os seus referentes vitais»

Georges Didi-Huberman, El bailaor de soledades (Pre-Textos: 2006)

Trátase neste libro de mirar e de describir filosoficamente a un gran bailaor, Israel Galván, de escoitar o seu ritmo e de recoñecer nas súas palabras grandes conceptos estéticos que Occidente ignora todavía.

Óscar Cornago, Ensayos de teoría escénica sobre teatralidad, público y democracia (Abada: 2015)

A acción foi o produto estrela do século XX. A súa utilización como linguaxe estética —ou antiestética— foi o seu maior éxito, mais tamén o seu fracaso.

Ixiar Rozas e Quim Pujol (eds.), Ejercicios de ocupación (Polígrafa: 2015)

Compilación de artigos que pretende relanzar o debate dos afectos en relación co momento presente, recuperar a consciencia de como os nosos corpos son ocupados e capaces de ocupar outro para pensar formas de facer e vivir que non reproduzan a asimilación tautolóxica entre realidade e capitalismo.

Patricia Alonso de Agustín e Antonio Santolaya, Isadora Duncan. La bailarina del mar (Hotel Papel: 2015)

Álbum ilustrado en edición bilingüe dedicado á vida da famosa bailarina Isadora Duncan. A historia narra en primeira persoa a vida desta singular artista que revolucionou o mundo da danza.

Marcos Abalde, Canibalismo (Estaleiro: 2010)

En abril de 2008, apareceu nos medios o escándalo do monstro de Amstetten. Presentaron este cidadán austríaco como un repugnante dexenerado, unha excepción da historia. Porén, Occidente relaciónase dunha maneira moi semellante con esas tres cuartas partes da humanidade empobrecidas, violadas, torturadas e ignoradas unha e outra vez.

Ver máis