Itinerarios

Houellebecq & cie.

Para acompañar o regreso de Houellebecq ás mesas de novidades das librarías, propoñemos unha variada selección da narrativa francesa contemporánea máis representativa dos últimos anos

Serotonina é a última novela do xenial e polémico escritor francés, autor de títulos tan especiais como Las partículas elementales ou El mapa y el territorio, sempre da man da súa casa editorial, a barcelonesa Anagrama.

A carón del propoñemos un repaso por algúns autores representativos das letras francesas actuais. Temos escritores consagrados como Emmanuel Carrère, máis novos como Édouard Louis ou Leïla Slimani, "posmodernos" como Camille de Toledo, a autoficción de Christine Angot e Catherine Millet ou interesantísimas voces como a de Maylis de Kerangal.

Bon Appétit!

 

Ver máis