Itinerarios

Os libros de Milagros Mumenthaler

O venres 7 de abril estréase La idea de un lago, dirixida por Milagros Mumenthaler, da man de NUMAX Distribución. O filme ten como punto de partida o libro de fotografías e poemas Pozo de aire, de Guadalupe Gaona, un traballo autobiográfico que pon o centro na ausencia do pai, desaparecido durante a ditadura cívico-militar arxentina. A cineasta, que estará en Compostela para presentar o seu filme e impartir o sábado 8, unha aula de cinema que leva por título «Murmurios visíbeis» (dentro do ciclo «A cor das palabras») achéganos o seu listado de libros especiais que nos axudan a situar o seu universo creativo.

John Steinbeck, Al este del Edén
As vicisitudes de dúas familias ao longo de tres xeracións, desde a guerra de Secesión ata a II Guerra mundial, no val Salinas, na California septentrional.

Julio Cortázar, El perseguidor
Homenaxe a Charlie Parker. Cun trasfondo existencial maxistralmente tratado, a historia describe os últimos días de Johnny Carter, virtuoso saxofonista cuxa vida discorre ao fío da lucidez e a destrución. 

Junot Diaz, La maravillosa vida breve de Óscar Wao

A vida nunca foi doada para Óscar Wao, dominicano doce, obeso e desastroso que vive coa súa nai e irmá disfuncional nun gueto de Nova Jersey. Soña con chegar a ser un J. R. R. Tolkien dominicano e con encontrar o amor da súa vida.

Antón Chejov, El jardín de los cerezos

Durante toda a obra os personaxes divírtense, fan picnics, beben, cantan, bailan, esquecen incluso a beleza da natureza que os rodea. Nese ambiente, un son enigmático e misterioso aparece, pero ninguén sabe que significa nin de onde procede.

Andrei Tarkovski, Esculpir en el tiempo

O diario de traballo dun gran director ruso: un conxunto de reflexións xurdidas ao afrontar os distintos aspectos da súa tarefa como creador: o guión, os actores, as tomas, a montaxe, a música.

Jean-Louis Comolli, Filmar para ver

Comolli xulga que a necesidade de filmar bos filmes leva en última instancia a unha ecoloxía da imaxe. Trátase de algo que un bota a circular no mundo, para enaltecelo ou arruinalo un pouco máis.

Silvina Ocampo, Cuentos completos

Italo Calvino deixou dito que os personaxes de Ocampo “calan con gusto (...) e cando escriben é para crear outra escuridade, para tramar unha impostura; máis aínda: para confirmar o carácter de impostura de todo o demais”.

Antonio Di Benedetto, Zama

A novela dun exiliado castizo, cunha linguaxe intemporal e arcaica, por momentos próxima á do Século de Ouro. Un libro perfecto onde a cualidade filosófica despréndese naturalmente dunha prosa deslumbrante.

John Williams, Stoner

A vida dun home marcada por unha decisión tomada case sen darse conta e que lle dará máis problemas que alegrías e máis resignación que recompensas. Un libro inolvidábel que encarna as mesmas virtudes que predica: a vella idea de que a literatura axuda a entender a vida.

Samanta Schweblin, Distancia de rescate

O campo cambiou sen que ninguén se dera conta. E se cadra non se trate só de sequías e herbicidas, se cadra se trata do fío vital e filoso que nos ata aos nosos fillos e do veleno que botamos sobre eles. Esta novela formula a pregunta: hai algunha apocalipse que non sexa persoal?

Siri Hustvedt, Todo cuanto amé

O profesor Leo Hertzberg coñeceu a Bill Weschler a través do seu Autorretrato. Paradoxalmente, o único rastro visíbel do pintor era unha sombra -que Hertzberg tomou pola súa propia-.