Viaxe por unha América remota

 A propósito da retrospectiva que Curtocircuíto dedicou ao cineasta italiano Minervini o pasado outubro, o director do festival, Pela del Álamo, propón un breve itinerario bibliográfico para viaxar a través da América que unha vez coñeceu "vagamente", segundo el mesmo nos conta.

Unha noite, viaxando en autobús polo deserto de Texas, tras pasar máis de seis horas sen cobertura, comecei a ter unha sensación angustiosa de illamento que me levou a redescubrir o significado do «remoto». Estados Unidos é un país vastísimo, o seu territorio é inabarcable e nel aínda quedan lugares perdidos que as estruturas do Estado non alcanzan a controlar.  Lugares nos que non existen a lei e a orde como os entendemos en Europa. Alí, son as persoas e as súas comunidades quen cimentan e determinan a idiosincrasia e o carácter darwiniano da sociedade. Por isto –e pola súa mocidade– neste país, aínda salvaxe, a lei do máis forte segue sendo lei. Isto converte os estraños e os desfavorecidos en outsiders e marxinados. Pero, á súa vez, esa falta de normas e convencións favorece unha sorte de libre albedrío que dá lugar a certa autenticidade e riqueza. Dalgunha maneira, o lonxano oeste segue sendo aquel indomable oeste. E é naqueles mundos remotos de Texas onde Roberto Minervini e Diego Romero (o seu inseparable director de fotografía) penetran para rescatar da escuridade a beleza e a dor que agochan as profundidades desa América.

Elogiemos ahora a hombres famosos, James Agee/ Walker Evans

La cultura norteamericana contemporánea, Marvin Harris

America, Baudrillard

Las uvas de la ira, John Steinbeck

Crónicas de motel, Sam Shepard

Once, Wim Wenders

La última película. Larry McMurtry

Tulsa, Larry Clark

Open At Noon, Mark Powell

American Surfaces, Stephen Shore

Appalachian Lives, Shelby Lee Adams

Goodbye America. Brad Feuerhelm

Robert Adams. The New West

Libraría NUMAX |