Os libros de Ana Vaz

O arranque da 13ª Edición do Curtocircuíto ten a Ana Vaz como gran protagonista. A cineasta brasileira achegounos unha selección bibliográfica con textos que teñen influído na súa curta mais prometedora filmografía.

Eduardo Viveiros de Castro, Metafísicas caníbales (Katz, 2010)

Verdadeira continuación dos traballos de Deleuze e Guattari, esta breve obra dunha densidade e amplitude excepcionais constitúe á vez unha interrogación e unha renovación conceptual. Una maneira extremadamente fertil de prolongar a herdanza dos autores do Antiedipo.

Maya Deren, Divine Horsemen: The Living Gods of Haiti (Re:Voir, DVD)

Un dos nomes esenciais do cinema experimental, a ucraína Maya Deren, viaxa entre 1947 e 1954 a Haití, para rexistrar o baile de trance e posesión do cerimonial vudú.

Donna Haraway, Manifiesto para cyborgs (Puente Aéreo: 2014)

A profesora Donna Haraway escribe en 1985 un libro clave na súa obra que ten definido como posxenerista, neo-marxista pouco rigorosa e posmoderna, calificacións tan discutíbeis como provocadoras coas que revisa conceptos como ciencia, tecnoloxía e feminismo, ou termos claves de Foucault (biopolítica, sexualidade) ou Jameson (posmodernidade).

Clarice Lispector, La pasión según G.H. (Siruela: 2013)

G. H. é unha muller independente, escultora amateur e ben relacionada nos círculos máis influentes de Río de Janeiro. Un día, soa no seu ático, encontra unha cascuda. Este feito aparentemente intrascendente serviralle para repasar a súa vida desde a infancia e chegar así á determinación de vencer todos os seus medos.

Pedro Neves Marques, The Forest and the School (Archive Books: 2015)

Este libro recolle crónicas de rituais indíxenas do século XVI; textos seminais do movemento antropofáxico de Oswald de Andrade, Flávio de Carvalho ou Raul Bopp; escritos de Glauber Rocha e Hélio Oiticica ou dos antropólogos Pierre Clastres, Bruno Latour e Eduardo Viveiros de Castro.

Raoul Ruiz, Poetics of Cinema

A partir dunha serie de relatorios na Duke University de North Carolina o gran cineasta chileno Raoul Ruiz desenvolve unha enxeñosa teoría sobre a narración cinematográfica baseada fundamentalmente nas teorías dramáticas da poética aristotélica.

Jorge Luis Borges, Ficciones (Debolsillo: 2011)

Ficciones é quizais o libro máis recoñecido de Jorge Luis Borges. Entre os contos que se reúnen aquí hai algúns de corte policial, como La muerte y la brújula, outros sobre libros imaxinarios, como Tlön, Uqbar, Orbis Tertius, e moitos pertenecentes ao xénero fantástico, como Las ruinas circulares ou El Sur, se cadra o seu mellor relato, en palabras do propio autor.

Gilles Deleuze, La imagen-movimiento (Paidós: 1984)

Este estudio non é unha historia do cinema, senón un ensaio de clasificación das imaxes e dos signos tal como aparecen no cinema. Considérase aquí un primeiro tipo de imaxe, a imaxe-movemento, coas súas variedades principais, imaxe-percepción, imaxe-afección, imaxe-acción, e os signos (non-lingüísticos) que as caracterizan.

Stephen Farthing (ed.), Derek Jarman’s Sketchbooks

Este fermoso libro recolle o diario de bosquexos do cineasta Derek Jarman para revelar o seu proceso creativo dun xeito máis profundo do que se teña feito até o de agora.

Anna Lowenhaupt Tsing, The Mushroom at the End of the World

O matsutake é o cogomelo máis apreciado no mundo. Grazas á súa capacidade para nutrir ás árbores axuda aos bosques a medrar de xeito exponencial. Trátase dun produto célebre en Xapón onde pode acadar prezos astronómicos.

Libraría NUMAX |