Os libros de Bruce Elder

O cinema do canadense Bruce Elder atópase intimamente ligado a textos fundamentais da historia da literatura entre os que destacan as grandes obras de Ezra Pound ou Dante Alighieri. Aproveitando a súa visita a NUMAX do luns 29 de maio compartirmos unha escolla bibliográfica especialmente artellada para a ocasión.

Kenneth Rexroth, Cien poemas japoneses

Unha delicada e excelente selección de poemas xaponeses de todos os tempos. A intensidade e concentración poética reflíctese na plenitude da percepción da natureza e nos xestos contidos dos seres que a habitan. Unha lectura obrigada para calquera lector atraído pola maxia e a fascinación que exercen as obras mestras da arte oriental.

Kennet Rexroth, Selected Poems

Ao igual que William Carlos Williams, Rexroth procurou unha escrita controlada e directa, ligada no plano intelectual con Wallace Stevens e na súa erudición con Ezra Pound. O primeiro entre os poetas da natureza, o seus poemas de amor e erotismo son imprescindíbeis.

Ezra Pound, Cantares completos

Ezra Pound é un dos grandes poetas da chamada poesía norteamericana moderna. Procurou en Europa unha sociedade similar á que coidaba que existiu na Roma e Grecia clásicas, e tamén en China, na que a cultura e a arte non se encontraran sometidas ás leis do mercado.

Ezra Pound, Exultations

Escrito en 1909, Exultations está dedicado ao seu vello amigo, o Reverendo Carlos Tracy Chester. Contén un dos seus poemas máis fermosos, Francesca, que cun estilo franco e directo apela directamente ao espectador, nun dos poemas de amor máis emocionantes do século.

Dante Alighieri, La vida nueva

O autobiografismo da obra de Dante non debe ser interpretado como fidelidade documental de episodios realmente acaecidos, senón como unha esixencia poeticamente reconstrutora á que responde o mito de Beatriz, a muller de procedencia e destino divinos que fixa nun único simbolismo, real e metafísico.

Simone Weil, First and Last Notebooks

Algunhas das reflexións máis importantes de Simone Weil fixéronse forma de anotacións. Empregábaas para múltiples aplicacións, para tomar nota namentres lía libros nas súas pesquisas ou como semilleiro de ideas que logo desenvolvía máis amplamente nos seus libros.

Allen Ginsberg, Kaddish

Kaddish é un extenso poema de ton narrativo, construído con eses versículos de vertixinosa cadencia whitmaniana xa utilizados en Ouveo, cun ritmo sincopado no que se mesturan as imaxes urbanas, a dor da perda e as lembranzas.

Stan Brakhage, Por un arte de la visión

Máis ca unha serie de teorías e reflexións sobre a arte e a súa realización ou un manifesto de reivindicación dunha imaxe directa socializada por un medio masivo, Por un arte de la visión é un libro de alquimias, de receitas máxicas con consellos para ocupar dispositivos únicos.

Alfred North Whitehead, Adventure of Ideas

Destacado matemático e filósofo, Whitehead define a naturaleza como experiencia, aproximándose ao neorrealismo, que mestura elementos do materialismo co idealismo. En socioloxía, Whitehead une o recoñecemento das ideas como forza orientadora da historia coa absolutización do papel das personalidades, que en definitiva deben administrar el mundo.

Libraría NUMAX |