As lecturas de Luis López Carrasco

O cineasta Luis López Carrasco envíanos un xeneroso listado de lecturas ao redor da aula "Repetir o irrepetible. Formas cinematográficas para reconstruír a Historia" que impartirá dentro do ciclo A Cor das Palabras e con motivo da estrea do seu filme El año del descubrimiento.

Como pode o cinema, unha arte do presente, aproximarse ou representar a memoria desaparecida dunha comunidade? Cal é o seu potencial e cales as súas limitacións? O proceso de concepción de El año del descubrimiento e os traballos previos do realizador reflexionan sobre a posibilidade dun cinema como reescritura ou reformulación das imaxes do noso pasado recente.

E estes son os libros que nos propón Luis López Carrasco para esta reflexión:

El otro cine de Eduardo Coutinho, María Campaña, Claudia Mesquita
El edificio de la palabra, José Carlos Avellar
IKE. Retales de la reconversión, VVAA
Cartagena en llamas, José Ibarra Bastida
Vecinos del Gurugú, Colectivo IOE
Lo infraordinario, George Perec
Elogiemos ahora a hombres famosos, Agee, Evans
Cómo abrir los ojos, George Didi-Huberman
El documental, Jean Breschand
Hechos y/o/más ficción, Ursula K. Le Guin
La forma que piensa, Antonio Weinrichter
Peter Watkins: historia de una resistencia, coord. Angel Quintana
De cómo el pasado ayuda a alumbrar el presente, José Ángel Alcalde
El Jarama, Sánchez-Ferlosio
El fin del homo Sovieticus, Aleksiévich
Cassavetes por Cassavetes, Ray Carney

Libraría NUMAX |