Itinerarios

Itinerario libresco de Macarena Montesinos

A música e artista Macarena Montesinos deixounos este coidado itinerario musical libresco para acompañar a súa intervención na primeira xornada dos Discursos en acción.

Seica o gran Thelonious Monk afirmou nun concerto que escribir sobre música é como bailar sobre arquitectura. Non se pode extrapolar a experiencia sensible dun sentido a outro pero si pode ser complementaria. Nunca poderemos substituír a experiencia de ir a un concerto de música en vivo. Lero u escribir dende as experiencias musicais, dende a súa práctica ou sobre a súa escoita, non fai máis que amplificar o coñecemento que temos da música.

Esta breve selección bibliográfica fíxose atendendo a súa proximidade no tempo e espazo. Atópanse libros escritos por compañeiros músicos que ofrecen visións moi diferenciadas e complementarias, dende as súas prácticas artísticas, no eido da música contemporánea e na improvisación libre.

Galiana, Josep Lluís (2017) Improvisación Libre. El gran juego de la deriva sonora. Valencia: EdictOrália.

Matthews, Wade (2012) Improvisando, La libre creación Musical. Madrid: Turner Música.

López Rodríguez, Javier María (2018) Del colapso tonal al arte sonoro. Punto de vista editores.

Seoane, Pablo (2020). Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical. Sevilla: Althenaica.

Barber, Llorenç (2003) El placer de la escucha. Madrid: Ardora