Os libros de Io Morales
A poucos días de celebrarmos o Día das Letras Galegas o ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias vive a súa segunda cita coa creadora téxtil Io Morales. Para ir abrindo boca compartimos o itinerario bibliográfico da artista pontevedresa. Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.
▶ A raíña de Turnedó, Gloria Sánchez (Kalandraka, 2015)
Porque a literatura infantil é literatura.
▶ Aquiltadas, Susana Sánchez Aríns (Estaleiro, 2012)
E a literatura pode ser bordado.
▶ O papel de parede amarelo, Charlotte Perkins (Edições Humus, 2020)
Porque a literatura debe ser desafiante e non só decorativa.
▶ La saga/fuga de J.B., Gonzalo Torrente Ballester (Alianza, 2010)
Porque o universo torrentiano tamén é o universo galego.
▶ Cassandra, Christa Wolf (Costovia, 2016)
Porque os mitos poden reconstruir os universos.
▶ En las montañas de la locura, H. P. Lovecraft (Seix Barral, 2021)
Porque simplemente gostamos do horror cósmico e dos monstros viscosos.
«Intemperiadas», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Libraría NUMAX |