Os libros de Laura Tova

Bota a andar o ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias. Para presentarvos a primeira convidada, a ilustradora Laura Tova, achegamos as súas recomendacións literarias. Intemperiadas está comisariada por Charo Lopez e conta co apoio da Deputación da Coruña.

▶ Eleanor Oliphant está perfectamente, Gail Honeyman (Roca Editorial, 2018)
A conexión que se establece coa protagonista desta novela é tan real e entrañable que é como se de repente pertenceses á súa vida, tanto que ao rematar botas en falta a Eleanor e pregúntaste que tal lle irá agora pensando en que a tes que chamar algún día.

Cien años de soledad, Gabriel García Márquez, ilustrado por Luisa Rivera (Random House, 2020)
É como un baile con cada membro da familia Buendía, cos seus olores e as súas cores, todas vivimos naquela casa.

El Oso que no estaba, Oren Lavie, ilustrado por Wolf Erlbruch (Barbara Fiore Editora, 2015)
Unha fábula preciosa sobre o autodescubrimento, unha poesía da vida. Recordo que o lin nun momento no que estaba vulnerable e ao chegar ao final emocioneime moitísimo.

Mujeres que corren con los lobos, Clarissa Pinkola Estés (Ediciones B, 2016)
Descubrir outra visión da vida e das historias de sempre é unha oportunidade para enriquecerte e coñecerte mellor. Levo lendo este libro xa hai 4 anos, remátoo e comezo de novo, abro páxinas ao chou a ver que me contan, sempre está comigo.

Un disfraz equivocado, Fernando Pessoa, ilustrado por Adolfo Serra (Nórdica, 2015)
Unha unión perfecta de poesía literaria e poesía en imaxes.

Las cenizas de Ángela, Frank McCourt (Maeva, 2017)
O primeiro libro de adulta que lin e o primeiro libro que me fixo chorar. Comezou unha relación nova cos libros.

 

«Intemperiadas», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |