Territorio das mulleres

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, a Libraría NUMAX ofrece un itinerario bibliográfico que procura unha visibilización de obras escritas por mulleres implicadas no pensamento feminista.

A escolma inclúese na campaña «Literarias», dentro do programa municipal «Compostela, cidade das mulleres», na que diversas librarías e editoriais compostelás levarán a cabo un traballo de promoción e posta en valor daquelas obras literarias que fomenten os dereitos das mulleres, visibilicen a loita feminista e permitan ollar máis aló dos estereotipos sexistas.

Libraría NUMAX |