Os libros de Paula Pereira
Na terceira cita da actividade Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias teremos con nós a artista e ceramista Paula Pereira. Aquí as súas recomendacións literarias! Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.
▶ Mujeres que corren con lobos, Clarissa Pinkola
Porque penso que é un libro para conectar cunha parte de nos mesmas que as veces fica esquecida, a parte salvaxe, en liberdade coa natureza.
▶ Antídoto, Emma Pedreira
Porque fala da dor que todxs sentimos algunha vez sobre as soidades non escollidas.
▶ Herba de namorar, María do Cebreiro
Neste libro, que recolle poemas de María de distintas etapas quedariame, o verso "quen te queira de certo non deixará que marches"
▶ Illa decepción, Berta Dávila
Gosto moito do traballo de Berta tanto na escrita como na ilustración, e este libro que fala das mudanzas da vida e tamén da morte chegoume moi adentro.
▶ Las olas, Virginia Woolf
Porque adoro toda a obra de Virginia Woolf e inspírame moito no meu traballo.
▶ Made in Galiza, Sechu Sende
Porque gosto de todo o que escribe e ilustra Séchu, e este libro creo que reflexa moi ben a situación que vivimos día a día de cara a lingua.
«Intemperiadas», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Libraría NUMAX |