59 citas para unha escultura ausente

IMAXE: Santi M. Amil

Compilamos algúns dos libros de ensaio sobre a arte nos que se basea un dos últimos traballos de Jorge Varela "59 citas para unha escultura ausente”, que recolle en fotografías o libro homónimo. O artista expón estes días no escaparate de NUMAX algunhas das lousas da mostra onde, a xeito de reflexión sobre a escultura e a arte, esculpiu citas extraídas destas obras clásicas, todas dispoñibles na Libraría NUMAX.

J. Habermas, J. Baudrillard, E. Said, F. Jameson e outros, La posmodernidad

Existe a chamada Posmodernidade? En caso afirmativo, cal é o seu significado? É un concepto ou unha práctica? Unha cuestión de estilo local? Un novo periodo, unha fase económica? Cales son as súas formas, efectos, lugar? Estamos máis aló da era moderna e nunha época postindustrial?

Charles Baudelaire, Salones y otros escritos sobre arte

Reúne os escritos máis importantes sobre arte escritos por Baudelaire. Entre outros, os salóns de 1845, 1846 e 1859, tamén o seu El pintor de la vida moderna e os escritos sobre Eugène Delacroix.

G. W. F. Hegel, Lecciones sobre la estética

Texto fundamental nunha disciplina que define Hegel así: “Estas leccións ocúpanse da estética; o seu obxetivo é o vasto reino do belo, e, máis precisamente, o seu campo é o arte, vale dicir, o arte belo”.

Lucy R. Lippard, Seis años: La desmaterialización del objeto artístico de 1966 a 1972

Lippard documenta a caótica maraña de ideas que se etiquetou como arte conceptual. O libro está estruturado como unha cronoloxía comentada na que se vai entretecendo unha rica colección de documentos orixinais, entre os que se inclúen textos de artistas, coloquios gravados entre artistas -ou entre Lippard e os artistas-.

Rudolf Wittkower, La escultura: procesos y principios

Obra imprescindíbel sobre a técnica, procesos de execución e acabado da escultura a través dos tempos e estilos.

Simón Marchán Fiz, Del arte objetual al arte de concepto

Cando apareceu, nos albores dos setenta, o libro aspiraba a ofrecer un balance dos anos 70 e as súas estribacións na década seguinte. A través dos filóns que se deslizan do Impresionismo á Abstracción, a ampliación dos últimos confíns cronolóxicos pretendía afondar na poética de cada tendencia e sintonizar, desde a nosa peculiar situación cultural, artística e política, co panorama artístico internacional.

Martin Heidegger, El arte y el espacio

Martin Heidegger e Eduardo Chillida coñecéronse nun dos habituais encontros entre escriotres, pensadores e artistas organizados pola célebre galería Erker de St. Gallen en Suiza. Froito dese encontro naceu unha amizade intelectual entre os dous xenios que desembocou en colaboración artística. Este breve ensayo de Heidegger apareceu no outono de 1969.

Gotthold Ephraim Lessing, Laocoonte o sobre los límites de la pintura y la poesía

Esta obra trata sobre as fronteiras da pintura e a poesía, sobre as súas posibilidades e sobre outros temas relativos á arte antiga que Lessing formula como “incidentais”, pero que, de feito sérvenlle para realizar unha crítica a varios dos grandes autores da súa época, entre eles a Winckelmann.

Herschel B. Chipp, Teorías del arte contemporáneo. Fuentes artísticas y opiniones críticas

Cartas, manifestos, informes, entrevistas e escritos relativos ao estudo do arte contemporáneo, desde o postimpresionismo ata as tendencias dos anos 70, pasando polo simbolismo, fauvismo, expresionismo, cubismo, futurismo, construtivismo, neoplasticismo, dadaismo e surrealismo. Un amplo panorama da arte do século XX directamente estudado nos textos e declaracións dos mesmos artistas.

Jorge Oteiza, Quosque Tandem...!

Escrito catro anos despois de que o autor abandonara a súa práctica escultórica por considerala concluída, no 1963, é un fito no panorama cultural vasco, contribuíndo ao proceso de reconstrución cultural e artística do País Vasco que tivo lugar entre as décadas dos 60 e 70.

Libraría NUMAX |