Os libros de Verónica Vicente

O ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias rematará o vindeiro sábado 18 de setembro coa intervención da fotógrafa Verónica Vicente (Tomiño, 1988). Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña. Velaquí a súa proposta libresca!

  Una familia en Bruselas, de Chantal Akerman (Tránsito, 2021).
Ao igual que no seu cinema, consegue coa escrita narrar o cotiá dos temas máis íntimos e profundos.

  Cuerpos que aparecen. Performance y feminismos en el tardofranquismo, de Maite Garbayo Maeztu (Consonni, 2016).
A aparición do corpo -feminino- en innumerables actos performativos como forma de reivindicar a súa presenza na arte e no mundo.

Ser o no ser (un cuerpo), de Santiago Alba Rico (Seix Barral, 2017).
Sobre a relación que temos co corpo e coa nosa imaxe.

La inmortalidad, de Milan Kundera (Tusquets, 2009).
De como a partir dun simple xesto se construe unha historia chegando a profundas reflexións.

▶  La extranjera, de Claudia Durastanti (Anagrama, 2020).
De como sentirse de ninguna parte, de como recurrir á memoria e aos recordos, ao propio relato da vida ante a necesidade de mirar cara adentro, de coñecerse.

El árbol, de John Fowles (Impedimenta, 2015).
Sobre a nosa relación coa natureza, a natureza salvaxe como metáfora da arte e da escritura.

Libraría NUMAX |