Os libros de Alfonso Zarauza

«Esta é unha pequena clasificación dos libros que máis impresión deixaron en min nestes últimos cinco anos e que polo tanto de xeito consciente ou inconsciente acompañaron a todo o proceso creativo de Ons» (Alfonso Zarauza)

El libro de las aguas | Eduard Limónov
Sempre amei a cultura e as artes rusas, se hai un escritor contemporáneo herdeiro do espírito dos grandes escritores rusos, para min é Eduard Limónov.

Novela de ajedrez | Stefan Zweig
A obra mestra de Stefan Zweig e unha das mellores novelas do século XX. Nos tempos que vivimos de retorno aos nosos vellos fantasmas fascistas sempre hai que volver a Zweig.

Algunos pasos hacia una pequeña teoría de lo visible | John Berger
A lucidez infinita de John Berger sempre é enriquecedora ate nun pequeno libriño coma este.

Diario de cine | Jonas Mekas
As críticas de cine de Jonas Mekas dende o ano 58 ate o 71. Unha gozada.

Bresson por Bresson. Entrevistas (1943-1983) | Reunidas por Mylène Bresson
Non hai nada máis refrescante e clarividente que ler as vellas entrevistas de Bresson.

Poéticas del gesto en el cine europeo contemporáneo | Fran Benavente e Gloria Salvadó Corretger (eds.)
Un dos libros sobre cinema máis enriquecedores que tiven a oportunidade de ler nos últimos tempos.

Herzog | Saúl Below
Desfruto moito dos retratos humanos e os antiheroes de Saúl Below. Gusto moito dos escritores xudeos americanos como Saúl Below ou Philip Roth, ainda que o que máis desfruto con diferencia é dos contos e as novelas de John Cheever. Sempre me fascinou a grandeza de John Cheever e a súa visión política e moral reaccionaria en contradicción coa súa homosexualidade e o seu alcolismo.

Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía | Xosé Luis Axeitos.
Unha das biografías máis completas dun dos grandes poetas galegos e universais de todos os tempos. Un dos meus poetas favoritos de sempre.

Libraría NUMAX |