Itinerarios

'Lejos de los árboles', un percorrido bibliográfico

Viaxe en branco e negro pola España do fanatismo relixioso, a pobreza e as tradicións máis atávicas

O paso polo cinema NUMAX da remontaxe do filme de Jacinto Esteva, déixanos toda unha serie resonancias de imaxes e palabras: desde o ovo no vaso na madrugada de San Xoán (Maspons), até a pregaria a San Lorenzo, que abofé perdurará na memoria dos espectadores que teñan visto o filme: "el fuego no tiene frío / el agua no tiene sed / el aire no tiene calor / el pan no tiene hambre (...)"

Para quen queira afondar nas paisaxes -lejos de los árboles para poder ver el bosque- albiscadas a partir do filme, propómosvos unha serie de títulos