Lendo a autoras

Desde a Libraría NUMAX sumámonos á celebración do Día das Escritoras, unha iniciativa que cada mes de outubro ten como obxectivo reivindicar e visibilizar o labor e o legado de escritoras ao longo da historia. Por esta razón, traémosvos unha lista de recomendacións que vos convidamos a ler e descubrir.

Yo me aventuraría a pensar que “anónimo”, quien escribió tantos poemas sin firmarlos, fue a menudo una mujer.

Virginia Woolf

 

Que poderedes atopar nesta lista? Pois desde aclamados best-sellers internacionais como Pechos y huevos a libros que levan a outros libros (Os libros que hai en min) ou ensaios sobre a conquista feminina dos espazos urbanos (La revolución de las flâneuses). Traemos tamén autobiografías (Yo sé por que canta el pájaro enjaulado ou La bastarda), relatos autoficcionais como El país de los otros; monólogos interiores en Una familia en Bruselas, revisións da mitoloxía grega dende unha perspectiva feminista en Circe ou o pracer do azul ou obras de escritoras case descoñecidas no panorama literario ou que escribiron baixo seudónimo (La enferma de Elena Quiroga e Soledad de Caterina Albert i Paradís).

 

Pechos y huevos, de Mieko Kawakami (Seix Barral).

Basa, de Miren Amuriza (Consonni)

La revolución de las flâneuses, de Anna María Iglesia (Wunderkammer)

Os libros que hai en min, de Emma Pedreira (Cuarto de Inverno)

De certo a vida ía en serio, Xela Arias (Chan da Pólvora)

Yo sé por qué canta el pájaro enjaulado, de Maya Angelou (Libros del Asteroide)

La bastarda, de Violette Leduc (Capitán Swing)

La enferma, de Elena Quiroga (Cátedra)

Circe ou o placer do azul, de Begoña Caamaño (Galaxia)

El país de los otros, de Leila Slimani (Cabaret Voltaire)

Una familia en Bruselas, de Chantal Akerman (Tránsito Editorial)

Soledad, de Víctor Català (Trotta Libros)

Libraría NUMAX |