Os libros de Jacobo Bugarín

O artista Jacobo Bugarín, un dos protagonistas do ciclo Discursos en acción, déixanos o seu listado de libros relacionados coa súa conferencia performativa Another language in another body, que encabeza con esta reflexión: "interésame a forma e o modo da escritura case tanto como o seu contido e como lector infiel podo adorar un libro que non rematei. Non podería dicir que só leo por traballo pero fai tempo que non o fago por pracer.

 

1. Amo a Dick  de Chris Kraus
O libro componse de cartas (ou ensaios cheos de ricas referencias) que escribe a protagonista ao seu obxecto de desexo, nelas entremistura realidade e ficción como escusa para construírse a si mesma.

2. Una novelita lumpen de Roberto Bolaño
Foi a miña primeira lectura de Bolaño e tamén a oportunidade de recoñecer a urxencia da vida nun libro. A violencia e o desexo emerxen a través do descubrimento da sexualidade do seu protagonista.
 
3. Atmósferas de Peter Zumthor
Un texto de linguaxe sinxela no que para min a tese fundamental é a intención de reprodución dunha determinada sensación no espazo.

4. La Lección de Anatomía de Marta Sanz
Unha novela composta con material autobiográfico que percibín sincera, cruel e por momentos delirante.

 5. Las ensoñaciones de la mujer salvaje de Hélène Cixous
Descubrino escoitando unha conferencia de Estrella de Diego cando dicía algo así como `que era un libro que se lee lendo´ e `que era un dos poucos textos que foi capaz de alterar con éxito a estrutura xerárquica dun libro´.

 

«Discursos en acción», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |