Os libros de Misha Bies Golas

Velaquí a proposta libresca de Misha Bies Golas, un dos artistas protagonistas da segunda xornada dos Discursos en acción coa súa conferencia performativa "Contar pezas".

 

1. 5354 Km, Jorge Varela
O autor relata unha viaxe que fixo no 2017 á Documenta de Kassel, ó Skultur Projekte de Münster e á Bienal de Venecia nun Mercedes W123 do 78; o relato dos acontecementos mestúrase con reflexións en primeira persoa que pretenden trasladar a experiencia estética que producen obras clave da modernidade á experiencia cotiá.
 
2. Unha soidade demasiado ruidosa, Bohumil Hrabal
Hanta é un obreiro que traballa cunha máquina para prensar papel nun vello taller subterráneo, durante trinta e cinco anos foi facendo paquetes de papel, coma se fosen esculturas, compostos por libros e láminas con reproducións de obras de grandes artistas. O seu proxecto de facer unha obra de vida, unha serie de esculturas que conteñan tódolos volumes da súa colección, verase frustrado pola introdución de novos métodos de produción.

3. Cuaderno verde de Jusep Torres Campalans, Max Aub
O Cuaderno verde forma parte dunha obra maior titulada Jusep Torres Campalans, trátase dun caderno, cheo de aforismos e anotacións varias sobre pintura e vida, que foi atribuído a este pintor creado por Max Aub.

5. Todos se parece a algo, Ángel Ferrant
Baixo un título moi suxerinte agrúpanse unha serie de ensaios imprescindibles para introducirse e entender o traballo e pensamento dunha das figuras máis relevantes da vangarda plástica europea, un autor comprometido, completo e revolucionario que fixo da creación e a pedagoxía un xeito de vida.

6. Escenas de cine mudo, Julio Llamazares
A partires dun conxunto de trinta fotografías herdadas da súa nai o autor traza unha serie de relatos de corte autobiográfico cos que elabora un retrato da sociedade dunha comarca mineira da montaña leonesa. Unha novela que da conta da capacidade evocadora que poden ter eses obxectos da memoria que son as fotografías familiares.

7. Mutación poética. Naturaleza viva en los objetos de Ángel Ferrant, 1945-1950, Clara Eslava y Aitziber Urtasun. Fundación Museo Jorge Oteiza.

8. Diccionario de símbolos, Juan Eduardo Cirlot

9. A utilidade do inútil, Nuccio Ordine

 

«Discursos en acción», actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

Libraría NUMAX |