Itinerarios

Os libros de Margarita Ledo

Margarita Ledo foi a escritora que inaugurou a actividade literaria Tac, tac, tac. O relato que mecanografou na nosa Olivetti estará ata principios de marzo a disposición de quen o queira ler na Libraría NUMAX, xunto a exemplares (non venais) das súas obras. Aproveitamos a ocasión para pedirlle a Margarita un itinerario de lecturas que sempre a acompañan, a representan ou que foron fundamentais nalgún momento da súa vida.

Marguerite Duras, Écrire

Edición en francés (Gallimard:2015)
Edición en español (Tusquets:2015)

A escritura de Duras é ela mesma, na súa casa, no silencio e na soidade que lle é indispensábel. Só así pode oír a voz interior que recorda e conta, que dubida e se contradí. A súa escritura instálase «en todas partes».

Marguerite Duras, La maladie de la mort

Edición en español (Tusquets:2015)

Edición en francés incluída en Œuvres complètes III, IV (Gallimard:2014)

Maurice Blanchot, La comunidad inconfesable (Arena:2002)

O inconfesábel designa un segredo vergonzoso. Porque introduce, baixo dúas figuras posíbeis, a da soberanía e a da intimidade, unha paixón que só pode ser exposta como o inconfesábel en xeral: a súa confesión sería insostíbel, pero ao tempo destruiría a forza desta paixón.

Alejo Carpentier, Los pasos perdidos (Alianza:2014)

Peza maxistral da narrativa latinoamericana e perfecta ilustración do concepto do real marabilloso. Publicada en 1953, inaugurou o periodo de plenitude creadora da obra de Alejo Carpentier.

Peter Handke, Lento regreso (El cuenco de plata:2014)

A historia dun namorado obsesivo das formas do espazo na natureza e na cidade. Substituída por unha prosa densa, reflexiva e conceptual, a liña anecdótica é mínima. O texto de Handke é unha ensoñación do espazo desde as cavilacións, as sensacións, as análises e a experiencia de Sorger.

Julio Cortázar, Último Round

Collage literario, microrrelatos e microensaios altérnanse con fotografías e poemas. Dun fragmento textual a outro, a tipografía non se mantén constante e incluso a orientación do texto é cambiante. O libro premedita o nacemento do rock e do jazz e os movementos pola paz no París de 1969.

Marguerite Yourcenar, La voix des choses (Gallimard:1987)

Libro construído por Marguerite Yourcenar a partir de textos que recolleu ao longo da súa vida e ao que considerou como un libro de cabeceira ou de viaxe que a acompañou durante anos. Servíronlle tamén a miúdo, como conta no prólogo, “como provisión de coraxe”.

Rosalía de Castro, Follas Novas

Edición bilingüe (Abada:2016)

Edición en galego (Xerais:2016)

Follas Novas é o segundo libro de poesía en galego de Rosalía de Castro; canda temas xa tratados en Cantares Gallegos, introduce novas temáticas de carácter máis íntimo. Foi editado na Habana en 1880 por La Propaganda Literaria.

Luís Pimentel, Sombra do aire na herba (Galaxia: 2015)

Obra chave dun autor que recolle a herdanza modernista e o simbolismo francés para articular un corpus poético peculiar e insustituíbel na literatura do século XX.

María Casares, Residente privilexiada (Trifolium:2009)

María Casares escribe as súas memorias cando volve a Francia e á súa espléndida propiedade na vila de Alloue. Nestes textos debuxa até o mínimo detalle cando narra a infancia nunha Galicia á que nunca voltou.

John Berger | Jean Mohr Otra manera de contar (Gustavo Gili:2007)

Combinando a visión moral do crítico coa práctica do fotógrafo, Berger e Mohr produciron unha obra que amplía as fronteiras dun campo da crítica antes abordado por Walter Benjamin, Roland Barthes e Susan Sontag.

John Berger, To the wedding

A historia dunha voda como só podería ocorrer no noso final de século, contada por un grego que non perde a ocasión de citar a Sófocles.

Roland Barthes, La chambre claire

Edición en español: La cámara lúcida (Paidós:2015)

Barthes desenvolve nesta obra a súa idea da fotografía como pegada da realidade. Desde a idea da experiencia da morte que o falecemento da súa nai traslada ao seu estado de ánimo á teoría da fotografía. Fotografía e morte son os dous temas indisolúbeis do libro.

Walter Benjamin, Libro de los pasajes (Akal:2005)

A obra na que Benjamin estivo traballando os últimos trece anos da súa vida, unha filosofía da historia do século XIX. Unha obra fundamental do pensamento europeo do século XX.

Georges Didi-Huberman, Quand les images prennent position (Minuit:2009)

Presenta as preguntas clave de novelistas, poetas, filósofos e artistas arredor do lugar da imaxe e da imaxinación nun mundo convulso. Premio Internacional de Ensaio do Círculo de Belas Artes de Madrid.

Marie José Mondzain, Homo spectator (Orfeu Negro:2015)

A subxectividade, o estatuto e a condición de espectador é desde hai décadas unha cuestión vital. Esta obra densa, complexa, erudita e problematizante fainos reflexionar arredor do que é ver e do que é unha imaxe.

Elena Poniatowska, A filla do filósofo (Galaxia:2009)

A través dun diálogo de literaturas, da confluencia de voces e culturas, chega a escritura sutil e ao tempo incisiva da autora para facer penetrar aos lectores na axitación das urbes, nos lares burgueses ou na paixón amorosa. Unha ollada que retrata unha sociedade en plena mutación.