Itinerarios

Os libros de Jóia Rara

A cuarta actividade de Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias centrarase na invervención da dupla musical Jóia Rara, formada polas dj Marta Gilino (Ames, 1991) e Acacia Ojea (Vigo, 1994). Aquí as súas listas de recomendacións bibliográficas. Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.

A lista da dj Marta Gilino (Ames, 1991), coñecida como Russinha:

Rilke Shake, de Angélica Freitas (Deep Vellum).

Da sempre fantástica Angélica Freitas. Este libro achegoume á poesía, a rir moito e a atopar novas formas de expresión.

Pornografía, de Lupe Gómez (Positivas)

Un referente de liberación que continúa luminoso e presente.

Los Argonautas, de Maggie Nelson (Tres Puntos)

Novas e precisas perspectivas nas que mergulharnos, abordadas dunha maneira moi íntima e amorosa.

Nxs, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza, VVAA (Através Editora)

Libro cuir e diverso que compila artigos, relatos e imaxes en torno da Galiza LGBTQ+. Nace dun proxecto colaborativo que "cria um espaço bibliográfico que serve de lugar de encontro para diferentes corpos e subjetividades, [email protected] a fornecer á sociedade galega um livro-lugar em que poda ter registro, debate e problematização da questão sexual". 

Salir a robar caballos, de Per Petterson (Zeta Bolsillo)

Sobre como repensa-lo pasado e como nos temos construído. Conectoume coa vida salvaxe, coa aldea e a familia. Tamén cos cabalos de Xela Arias.

Pink Noises: Women on Electronic Music and Sound, de Tara Rodgers (Duke University Press)

É un compilado de entrevistas sobre diferentes eixos temáticos con compositoras, intérpretes, DJs, pesquisadoras, fundadoras de selos discográficos, das que moitas son pioneiras da música electrónica. Un mapeo nutritivo e de ánimos para un contexto moitas veces desalentador.

 

Esta é a lista de libros que recomenda a dj Acacia Ojea (Vigo, 1994) [Akazie], unha das metades desta dupla musical.

Bodies of Water: Posthuman Feminist Phenomenology, de Astrida Neimanis (Bloomsbury)

Descubrín este libro falando da Risa da Medusa de Hélène Cixous cunha amiga que coñecín cuando vivía en Marsella. Sen dúbida ún dos achegamentos ás prácticas e teorizacións feministas máis nutritivos para min.

▶ Lectura fácil, de Cristina Morales (Anagrama)

Miña nai tiña este libro na súa casa ainda sen ler. Moitas das miñas compas comezaron a falarme de él con tanto entusiasmo que pouco tardei en pedirllo e, como ben avisada que estaba, en devoralo.

▶  Canto jo i la muntanya balla, de Irene Solá (Anagrama)

O meu mellor amigo agasalloume esta preciosidade de libro ao comezar o verán. Ainda estou con sensación de namoramento cando penso nel. Asumir que ía ter que rematalo algún día foi duro.

▶ Terremotos musicales: Denarraciones de la música en el siglo XXI, VVAA (Antoni Bosch)

Penso que éste é un dos ensaios sobre fenómenos sonoros editados en fala hispana máis interesantes que leín ata o momento. É complicado atopar unha recopilación con tantas colaboracións que aborden a actualidade da música dende enfoques tan diversos.

 Beyond Unwanted Sound; Noise, Affect and Aesthetic Moralism, de Marie Thompson (Bloomsbury)

O achegamento ao concepto de ruido máis interesante ao que me asomei. Introducíndome á afectividade na cibernética, á ecoloxía acústica e creando novos marcos de pensamento que axitan as concepcións convencionais destos termos.

▶ Nudos: la trama de los sentimientos, de R. D. Laing (Marbot)

Cando estaba estudando cinema experimental, a miña tutora do proxecto final recomendoume este libro. Achei unha maneira moi bonita de intentar entendernos un pouco máis dende a materialización das pulsións que atravesan as nosas relacións afectivas.