Itinerarios

Os libros que veñen en marzo

Este marzo, antesala do mes máis libresco, vén cargado de novidades que estamos desexando ler! Podes reservar calquera destes títulos a través da nosa web para gozar do teu exemplar desde o primeiro día de publicación.

Unha nova novela de Leila Slimani (gañadora do Goncourt con Canción dulce), a última novela de Siri Hustvedt, o novo libro do autor do noso estimado Paseos con mi madre, o regreso do inspector Leo Caldas, da man de Domingo Villar; a reedición do até entón esgotado Las benévolas, de Jonathan Littell; a nova colaboración de Periférica&Errata Naturae que nos traen nova novela da autora de El club de los mentirosos; a poesía completa da poeta e cineasta iraniana Forugh Farrojzad; e un libro de memorias do imprescindible Jorge Herralde no ano que Anagrama celebra o seu 50 aniversario... E moitos máis!