Os libros de Nobuhiro Suwa

A inminente visita do cineasta Nobuhiro Suwa, este domingo 29 de abril, para impartir unha aula maxistral dentro do programa «A cor das palabras. Encontros con cineastas», organizado polo Concello de Santiago en colaboración co Cinema NUMAX, fixo que nos aplicáramos na busca daquelas obras que alimentaron o imaxinario do cineasta. Recomendámosvos tamén a consulta dos seus 10 filmes favoritos, publicados na web de Fotogramas.

Aquí vos deixamos o itinerario bibliográfico que el mesmo trazou como complemento a súa aula, onde nos falará do proceso creativo que seguiu durante a preparación e a rodaxe do filme O león dorme esta noite, que se estreará o 27 de abril en salas de todo o Estado.

La imagen-movimiento, Gilles Deleuze

La imagen-tiempo, Gilles Deleuze

La cámara lúcida. Notas sobre la fotografía, Roland Barthes

El idiota, Fiodor Dostoiesvski

La poétique de Dostoievski, Mikhail Bakhtin

En el bosque, bajo los cerezos en flor, Ango Sakaguchi

¿Qué es el cine?, André Bazin

Architecture as Metaphor, Kojin Karatani

Diario de cine, Jonas Mekas

Totalidad e infinito, Emmanuel Lévinas

Libraría NUMAX |