Os libros de Oliver Laxe

Imaxe: Alejo-Ramos Sabugo

Baixo o lema Mimosas: unha música de pasos e de libros, o sábado 14 de xaneiro Oliver Laxe (París, 1982) participará na Aula «Os ollos verdes». O cineasta déixanos un listado de libros que configura un itinerario bibliográfico especialmente elaborado para esta sesión, e que podedes atopar na Libraría NUMAX.

Al–Sulāmī e Abū ʻAbd al-Rahmān Anécdotas y enseñanzas de santos sufís (SereSeres: 2011)

Anécdotas e ensinanzas de santos sufis; extractos da "Risāla de Al-Qušayrī" e do "Ṭabaqāt Al-Ṣūfiya de Al-Sulamī".

Al–Ghazâlî, De la patience et de la gratitude (Albourak: 2012)

O imán al-Ghazâlî expón a natureza, méritos e implicacións prácticas destas dúas virtudes da fe que son a paciencia (al-sabr) e a gratitude (al-shukr). Amósanos que, para que sean realmente benéficas, a paciencia non debería conformarse cunha actitude pasiva nin a gratitude reducirse a unha simple expresión verbal.

Jordi Delclòs Casas, La dimensión terapéutica de la música en el sufismo (Mandala Ediciones: 2011)

Esta obra presenta os usos terapéuticos que tivo a música baseada no sistema musical turco do makam nos antigos hospitais de Oriente Medio, cuxos médicos-filósofos (lhakim) empregaban a musicoterapia baseándose nunha visión holística do ser humano.

Henry Corbin, L'imagination crétice dans le soufisme d'Ibn'Arabi (Entrelacs: 2001)

Ibn'Arabi (Murcia 1165-Damas 1241), filósofo, teólogo e místico musulmán, está recoñecido na tradición do Sufismo como o máis grande mestre. É o filósofo que mellor teorizou a unidade de Deus, recoñecendo a presenza divina en toda forma e imaxe.

Daryush Shayegan, La luz viene de Occidente (Tusquets Editores: 2008)

Daryush Shayegan explora os fluxos de intercambio cultural entre Oriente e Occidente e a riqueza e os riscos que conleva a hibridación contemporánea entre modelos de coñecemento tan opostos como a razón científico-matemática e o misticismo sufí.

VV.AA., Despedidas elegantes. Cómo mueren los grandes seres (La liebre de marzo: 2012)

Máis dun cento de relatos dan conta da forma en que maestros zen, hindús e tibetanos, tanto antigos como modernos, afrontaron a propia morte nunha sociedade na que o feito da morte se ve ensombrecido polo medo e o rexeitamento.

Al-Sulamī, Futuwah. Traité de Chevalier Soufie (Albin Michel: 2012)

O termo árabe futūwwa significa xuventude, nobreza, calidade de cabaleiro. No sufismo medieval, refírese a unha mestura de virtudes éticas e espirituais que debe posuír ou cultivar un cabaleiro. Al-Sulamī (932-1021) explica os diferentes aspectos desta rica tradición.

Claudio Naranjo, Carácter y neurosis (La llave: 2008)

Esta obra ofrece unha visión integradora e psicoespiritual do ser humano. O Dr. Naranjo, con profundidade clínica e perceptiva, reflicte a súa experiencia como investigador da personalidade e presenta o Eneagrama como unha gran achega ao estudo das tipoloxías.

Florecillas de san Francisco. Vida del hermano Junípero (Cátedra: 2008)

Colección de “milagres e exemplos devotos”, que amosan un Francisco de Asís na plenitude da vida, dotado de facultades sobrenaturais e capaz de exercelas con naturalidade. A súa figura transita pola cultura europea como materia de interese artístico por parte de pintores, escritores e cineastas.

Maestro Eckhart, El fruto de la nada (Alianza: 2011)

Sermóns e tratados do teólogo dominico alemán Maestro Eckhart (1260-1328), que predicaba a posibilidade de que o home acade na terra unha vida benaventurada asumindo a súa orixe e filiación divinos.

Yalal al-Din Rumi, Poemas sufíes (Hiperión: 1997)

Nacido en 1207 en Balj, na actual Afganistán, ten influído a través dos séculos na literatura persa, urdú e turca. Nas últimas décadas foi un dos poetas máis lidos en EEUU e Europa. O amor, a amizade e unha relación equilibrada con toda a creación forman a esencia da súa mensaxe.

Adonis, Sufismo y surrealismo (Oriente y Mediterráneo: 2008)

Adonis ofrece ao público árabe unha nova lectura da tradición sufí desde a perspectiva dos poetas surrealistas franceses e ao lector occidental unha visión en clave sufí do máis xenuino surrealismo, sorprendiéndonos coas similitudes que achegan ambas experiencias.

Victoria Cirlot, La visión abierta. Del mito del Grial al surrealismo (Siruela: 2010)

O mito do Grial dá título a este libro arredor das posibilidades dunha percepción máis aló do mundo físico. O oculto e o invisible son os obxectos da facultade imaxinativa que na Idade Media se comprendía como unha experiencia visionaria concedida por Deus.

René Guénon, Le règne de la quantité et les signes des temas (Gallimard: 1945)

Un dos últimos traballos deste autor que levou unha vida dedicada ao estudo da espiritualidade e da tradición. A obra constata o decaemento do mundo moderno (i.e. occidental), depositario e dispensador do pensamento materialista, que reduce todo á cantidade, isto é, á substancia.

Libraría NUMAX |