Os libros de Anna Gas

A poeta Anna Gas (Barcelona, 1996) comparte con nós un itinerario literario cos seus libros máis queridos, dentro del programa de animación lectora “Afinidades Electivas. Encontros literarios en Librarías” que organiza a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas para pedirlle un itinerario bibliográfico.

Tots els contes, de Mercè Rodoreda
Na narrativa curta de Mercè Rodoreda xa se comezan a entrever os elementos máis característicos da súa obra: desde a ficción psicolóxica máis crúa, baseada nunhas personaxes femininas delineadas cunha destreza inigualable, ata a prosa lírica máis simbolista e suxestiva que desenvolve sobre todo no seu derradeiro período.

Obra poètica completa, de Rosa Leveroni
Rosa Leveroni representa unha das voces poética una de las voces poétiques más ricas de la poesía catalana del siglo XX que, por desgracia, sufrió un abandono injusto por parte de la crítica durante mucho tiempo. Gracias al trabajo del investigador Abraham Mohino, hogano podemos acceder a su obra poética completa y saborear la finura de sus versos, sumergiéndonos en el amor desgrazado y la soledad. máis ricas da poesía catalá do século XX que, por desgraza, sufriu un abandono inxusto por parte da crítica durante moito tempo. Grazas ao traballo do investigador Abraham Mohino, hogano podemos acceder á súa obra poética completa e saborear a finura dos seus versos, mergullándonos no amor desgrazado e a soidade.
 
The sense of an ending, de Julian Barnes
Esta novela do escritor inglés Julian Barnes explora a tensión entre memoria e verdade, vida e representación, facéndonos atravesar unha historia onde o tempo é un personaxe máis. Trátase dunha obra punxente que pon de manifesto a dimensión ficticia da memoria coma reconstrución, así como a importancia da interpretación nas nosas narrativas vitais e do sentido que lle outorgamos.

Tiene que ser aquí, de Maggie O’Farrell
Ademais de ser unha novela marabillosamente escrita, a autora consegue crear uns personaxes moi distinguidos entre eles, tan ben delineados que case os poderías recoñecer pola rúa ou escoitándoos pola radio. A historia que explica indaga naquilo máis profundo das relacións familiares, de amizade e de parella, sen caer en ningún momento en lugares comúns, con intelixencia, sensibilidade e unha grande habilidade narrativa.

Un corazón demasiado grande, de Eider Rodríguez
A escritora vasca Eider Rodríguez non é só unha gran narradora sinon que tamén é unha extraordinaria observadora do mundo. Nesta escolma de contos, exponnos de xeito descarnado ás partes máis fráxiles da existencia humana, facénconos percorrer un camiño inestable entre o amor e a dor. É salientable no detalle, na captura do xesto, en facernos ver aquilo ordinario que axiña se nos pasa por alto, pero que nos marca cada paso.

Libraría NUMAX |