Itinerarios

Os libros de Diego Santomé

O artista Diego Santomé déixanos a súa escolla libresca, acompañada dunha breve explicación, co gallo do Episodio #3 de Creación Contemporánea, Do caolín de Burela ao Rosa Tokio. O vindeiro martes 10 de setembro ás 20:00 o artista estará connosco, na Libraría NUMAX, para presentar o seu proxecto, xunto ao comisario deste ciclo, Ángel Calvo Ulloa. Lembramos que este programa conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña.

Desde unha postura máis acorde coa miña maneira de traballar, nun intento de fuxir da febre das listas (os máis vendidos, os que máis influíron na miña obra, etc.), e como declaración de intencións, decidín que a elección dos títulos non posúa ningunha intención pedagóxica sobre as miñas influencias, valla a redundancia, xa que os meus referentes están intimamente ligados ao presente e á miña historia persoal e non teñen por que ser reveladores para ninguén, salvo para min no momento en que os lin.

Por iso o criterio de selección sinxelamente cinguiuse ás miñas lecturas máis recentes, que se poderían agrupar baixo o epígrafe Cinco libros que pasaron pola miña mesiña de noite este verán e me gustaron moito. Os títulos son os seguintes: