Os libros de Lois Patiño

Con motivo da visita do director vigués Lois Patiño ao Cinema NUMAX para impartir a aula "A inmobilidade irradia", dentro do ciclo A Cor das Palabras, que organiza o Concello de Santiago coa nosa colaboración, e aproveitando a estrea do seu último filme, Lúa vermella, pedímoslle un percorrido polos libros que máis o influenciaron nos últimos tempos.

Lois Patiño cóntanos que "A inmobilidade irradia" é unha cita de Gaston Bachelard que lle resultou reveladora "para comprender o que a inmobilidade podía chegar a expresar". Tras rematar Costa da morte, "onde a distancia era a clave da linguaxe", o cineasta decidiu dedicar os seguintes anos "a explorar a inmobilidade e como a experiencia do tiempo pode oscilar -expandíndose ou condensándose- ante a imaxe dunha figura paralizada ou ensimismada na paisaxe". Esta busca levouno a realizar varias piezas curtas como Fajr, Noite Sem distancia ou Estratos de la imagen. "As intuicións que aprendín durante o proceso cristalizaron agora na miña última longametraxe", explica. No encontro do sábado 7 de novembro falará sobre estes traballos e sobre algúns dos referentes que o guiaron nesta exploración.

Libros (base Lúa vermella):

Carmelo Lisón Tolosana, Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia
Carmelo Lisón Tolosana, La Santa Compaña
Cunqueiro, Fábulas y leyendas de la mar
Mircea Eliade, Mito y realidad
Gastón Bachelard, La poética del espacio
Henri Bergson, Materia y memoria
Juan Rulfo, Pedro Páramo
Lovecraft, En las montañas de la locura
George Saunders, Lincoln en el bardo

Catálogos

  • Urbano Lugrís. Viaje alrededor de mi mundo. Catálogo exposición Círculo de Bellas Artes

  • Catálogo de Hopper

  • Catálogo de Millet

  • Catálogo de Hammershoi

Libraría NUMAX |