Os libros de Mónica Ojeda

Convidamos á fascinante Mónica Ojeda a que seleccionara unha serie de recomendacións literarias

Mónica Ojeda (Guayaquil, 1988) visitou o pasado xoves 29 de outubro a libraría NUMAX dentro do noso ciclo Debut

Xa de volta en Madrid, envíanos estas catro propostas para coñezcamos mellor o seu universo literario. Tres delas, xa vedes, son moi "numax": a novela Temporada de huracanes, de Fernanda Melchor, que xa vos recomendamos no pasado boletín da libraría e na que o a atmósfera de violencia abofé vos ha lembrar a de moitos dos relatos de Las voladoras; Decreación, dunha das nosas poetas e helenistas máis queridas, a canadiana Anne Carson; e Butes, de Pascal Quignard, un imprescindible no noso fondo. Incorporamos grazas a Mónica á venezolana María Auxiliadora Álvarez, de quen nos recomenda o poemario Las nadas y las noches.

Grazas, Mónica!

Libraría NUMAX |