Itinerarios

Recorrido literario de Carme Nogueira alrededor de "Vida hurdana. O que escriben os nenos"

Con motivo da visita da artista viguesa Carme Nogueira para presentar a súa intervención nos Episodios de Creación Contemporánea publicamos este pequeno percorrido bibliográfico. O seu  Episodio #01 Vida hurdana. O que escriben os nenos presenta un diálogo simulado entre Luis Buñuel e o alumnado de dúas escolas de Las Hurdes (Extremadura). O documental Las Hurdes, tierra sin pan, rodado por Buñuel en 1932, foi fundamental para mostrar unha imaxe da España da época, pero tamén contribuíu a unha controvertida popularidade da rexión cuxas recepcións seguen aínda en liza. Esta imaxe contrastaba coa metodoloxía pedagóxica Freinet que coetaneamente á rodaxe de Buñuel se aplicaba nesas dúas escolas da rexión e que promovía entre as súas prácticas que o alumnado elaborara os seus propios manuais cunha imprenta escolar.

 

Freinet en las Hurdes durante la segunda república, Antonio García Madrid, Editora Regional de Extremadura (2008)
Dibujos y pinturas infantiles, BEM, Elise Freinet  (Barcelona, 1978)
Manifiesto para Cyborgs, Donna Haraway. Utopías 2º época, Documentos de Trabajo, Centro de Semiótica y teoría del espectáculo, Universidad de Valencia.1995
Cuerpos que importan, Judith Butler. Paidós
Tocar la fibra. Afecto, pedagogía, performatividad, Sedgwick, Eve. Ed Alpuerto, 2018
Castillete, retablo minero, MUSAC