Itinerarios

Rentrée editorial!!!

Estamos a piques de comezar setembro, preparadas para recibir o novo curso e as primeiras novidades logo do descanso estival. Adiantámosvos algúns dos títulos que chegarán nos vindeiros días. Lembrade que podedes tamén reservalos a través da nosa web. Que emoción!!!

A nosa querida Chantal Maillard volta ás mesas de novidades con dous novos libros
Cual menguando (Tusquets)
¿Es posible un mundo sin violencia? (Vaso Roto)

Xela Arias, por fin
Poesía reunida (1982-2004) (Xerais)

Regreso de Sara Mesa con nova novela
Cara de pan (Anagrama)

Sobre esta novela, Karl Ove Knausgård dixo: «Tan incómoda como fermosa, retrata a caída dun home, e hipnotízate de tal maneira que queres caer con el»
Tom KristensenDevastación (Errata Naturae)

Reescritura do clásico Barba Azul a través dos diarios das mulleres deste, nun moderno conto de fadas erótico e salvaxe
Audrée Wilhelmy, Las sangres (Hoja de lata)

Piglia policíaco
Los casos del comisario Croce (Anagrama)

Por primeira vez en español, a única novela de Johnny Cash
El hombre de blanco (Reservoir Books)

Recuperación dunha novela que se atopaba esgotada en español:
Siri HustvedtTodo cuanto amé (Seix Barral)

Escrita quignardiana da man de Roberto Abuín
Orfeo canta. Iniciación, signo e retorno (Axóuxere)

Relacións de promiscuidade entre a música e as matemáticas a través da súa historia
Eli Maor, La música y los números. De Pitágoras a Schönberg

A figura de Concepción Arenal, revisitada por Anna Caballé
Concepción Arenal. La caminante y su sombra (Taurus)

Terrorismo de Estado neste libro fundacional do xornalismo narrativo latinoamericano
Rodolfo WalshOperación Masacre (Libros del Asteroide)

O proxecto máis íntimo da ilustradora Paula Bonet
Roedores | Cuerpo de embarazada sin embrión (Literatura Random House)

----

LIBRO ESTRANXEIRO

Unha das narradoras máis interesantes da rentrée francesa:
Maylis de Kerangal, Un monde à portée de main (Verticales)

A lectura deste verán da editora de Anagrama (e proximamente en español no seu selo):
Le lambeau (Gallimard) de Philippe Lançon, o escritor que sobrevivíu ao ataque a Charlie Hebdo

Unha alfaia para os fans do Godard máis pop
Contrebandes Godard 1960-1968 (Matière)

«Sorprendente, triste, aterradora e porén emocionante, baseada nun feito real, podería mesmo dicirse que está sacada d'O conto da criada» (Margaret Atwood)
Miriam Toews, Women talking (Faber & Faber)

E ademais: Marta Pessarrodona, Cecilia Dreymüller, Chus Pato, Ángel Estévez... visitarannos durante o mes de setembro!