Ideas para agasallar este Nadal

Os andeis da Libraría NUMAX visten de Nadal! Velaquí vos traemos unha selección con algunhas novidades desde ano coas que poder coller ideas para agasallar. Nesta escolla atoparedes dende propostas de narrativa e poesía, pasando por ensaio e tamén novela gráfica, libros de fotografía e de cine, libros para as máis pequenas da casa e algún que outro cofre ou obxecto especial. Boas festas a todas! 
 

Seguir lendo

Os libros de Chema García Ibarra

O director ilicitano Chema García Ibarra visitaranos no ciclo A cor das palabras, nun encontro que leva por título «Descampados, ovnis e fabricación de calzado». Aquí a súa selección bibliográfica entre a que podemos atopar libros de cinema, esoterismo, ciencia fición, ufoloxía, antropoloxía e tamén vidas de santos. 

Seguir lendo

Os libros de Lucía Salas e Martín Álvarez

NUMAX acollerá o próximo domingo 28 de novembro un novo encontro de A cor das palabras coa visita de Lucía Salas e Martín Álvarez, parte da revista arxentina de crítica cinematográfica La vida útil. Con este motivo ambos realizaron a escolla bibliográfica que vos mostramos aquí nesta lista. Esta actividade acompañarase coa proxección de Les Sabates du bon Dieu, de Jean-Claude Brisseau. 

Seguir lendo

Os libros de «Virtudes (e misterios)»

Este mércores 10 de novembro Xesús Fraga presentaba en NUMAX o seu último libro. Na presentación o autor facía referencia a algún dos libros que o levaron a tecer esta novela. Este é un itinerario formado polos libros que, dun xeito ou outro, axudaron ou influíron no resultado final de Virtudes (e misterios).

Seguir lendo

Lendo a autoras

Desde a Libraría NUMAX sumámonos á celebración do Día das Escritoras, unha iniciativa que cada mes de outubro ten como obxectivo reivindicar e visibilizar o labor e o legado de escritoras ao longo da historia. Por esta razón, traémosvos unha lista de recomendacións que vos convidamos a ler e descubrir.

Seguir lendo

Os libros de Verónica Vicente

O ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias rematará o vindeiro sábado 18 de setembro coa intervención da fotógrafa Verónica Vicente (Tomiño, 1988). Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña. Velaquí a súa proposta libresca!

Seguir lendo